sábado, 3 de septiembre de 2016

5. NOVENA Á NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA




Chegamos xa á fin de semana inmediata á celebración da Natividade da Virxe María. Hoxe imos centrar a Misa da tarde aos nenos e nenas. Poñemos as súas vidas ante á Nosa Naiciña, e eles conságranse á protección da Nai de Deus. Facémolo á luz do texto deste día da novena cando Xesús queda no templo e o atopan tres días despois. ¡Cómo estaban preocupados Xosé e María!. Non era de extrañar, como calquera pai ou nai. Coidar dos pequenos non é doado, e nestes tempos moito menos, porque son moitos os factores que inflúen na formación dos pequenos: unha sociedade moi individualista e consumista, unha educación que vai á deriva dependendo de quen configure os plans, un ambiente onde se malentende a libertade e se van anulando termos como a responsabilidade e o sacrificio, un tempo de descarte onde so chega o que vale ou ten. 
Pero partamos do feito que os nenos son os que Xesús puxo como exemplo para poder entrar no Reino. Pois veña, facérmonos coma eles: confiados, limpos de corazón, sinceros, abertos, alegres, dispostos, activos, acolledores, xenerosos, cariñosos, e todos os exemplos que tedes na familia que son máis que sobrados de como descubrimos a grandeza do amor de Deus.

Nosa naiciña da Franqueira coida dos cativos, dos nenos e nenas que hoxe se poñen ante ti pedindo a túa protección e os teus coidados. Axúdalles a coñecer ao teu fillo Xesús e a querelo na amistade que non falla.

Feliz día

Xabier Alonso
A Franqueira 
3-09-16

No hay comentarios:

Publicar un comentario