miércoles, 14 de septiembre de 2016

OFRENDA DE MISERICORDIA. ROMARÍA DOS POXOS NA FRANQUEIRA



Xa restan poucas semanas para finalizar as celebracións na Honra da Virxe da Franqueira. Esta vindeira fin de semana celébrase a festividade coñecida como "os poxos". Desde que hai constancia escrita da celebración da Romaría, alá polo ano 1300, se fan ofrendas á Nosa señora como signo de agradecemento polas grazas recibidas pola súa intercesión. Naquela eran testamentarios, un de Ribadavia, outro de Santiago e outro de Lugo, que doaban ofrendas de animais e cerais que debían portan os seus herdeiros á Romaría. Hoxe as ofrendas son moi variadas, prantas, mel, millo, animais que son entregadas á Virxe como xesto íntimo á Nai de Deus. 
Desde hai uns anos vimos de entregar a recadación desta poxa a proxectos solidarios en diversos lugares espallando deste xeito o noso agradecemento ás persoas que o están a pasar mal.
Nesta ocasión, as poxas do vindeiro domingo, serán entregadas ao xesto diocesano do xubileo consistente na nosa esmola para os cristiáns perseguidos e os refuxiados, un drama do noso tempo ao que queremos amosar a nosa cercanía nestes tempos que estamos a vivir. 
Asemade desta ofredna tamén está a campaña de recollida de alimentos para cáritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira e que estamos a ter un labor de promoción axudando a familias da contorna a superar as dificultades da crise que nos está a bater desde hai uns anos.
A axuda que podemos ofrecer é en productos para a poxa, sabendo que colaboramos a remediar, a través da Institución Axuda a Igrexa Necesitada e Cáritas internacional, unha ferida aberta á que non podemos pasar indiferentes e que nos achega a descubrir que o noso corazón está chamado a vivir a Misericordia que proceden do Pai entrañable. Por outra banda a nosa axuda aos máis cercanos con alimentos que sexan a nosa aportación a que as familias teñan un pequeno aliciente para chegar á fin de mes.
Graciñas a todos pola vosa colaboración e participación.

Os horarios do santuario nestes días son
de luns a venres Misa ás 6 da tarde
o sábado 17 ás 9 da mañá Misa do peregrino, e tamén ás 10,30 e 12 da mañá
pola tarde ás 6

Domingo 18
Misas ás 9, 10 e 11 da mañá
Ás 12 Misa solemne e procesión coa venerada imaxe da Virxe da Franqueira, coas danzas e o drama do Cristián e o Mouro.
á fin da procesión a subasta de ofrendas
Pola tarde a Misa é ás 5

a seguinte semana de luns a venres ás 6 da tarde
O domingo 25 adicarémolo ás familias coas Misas ás 10, 11 e 12 da mañá e ás 5 da tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario