domingo, 4 de septiembre de 2016

6.- NOVENA Á NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA



Desperta un domingo cheo de luz e de calor. Peregrinos cansos e fendidos polo camiño esbozan o seu alento dando un soriso de satisfacción. Chegar ao santuario despois de facer a longa travesía non é ter chegado á fin, senón, camiñar na vida coa forza da fe, ser alentados pola presencia da Nosa Nai e sabermos que non estamos sos.
Hoxe teremos a celebración do serán, ás 5 da tarde, adicada especialmente aos enfermos. Con eles queremos tamén facer o camiño do sufrimento e da dor, o camiño da cruz, pero non para lamentarnos mutuamente e comprobar que o podemos estar a pasar mal, senón, para invocar á Nai de Misericordia, saúde dos enfermos e nos conduza á saúde que é Cristo Bo Samaritano. Necesitados de sermos sanados co aceite do consolo e viño da esperanza, deixémonos curar as feridas da desolación e da tristura. 
Tamén teremos o conecrto oración a cargo da Comunidade Caná ás 7 da tarde, vale a pena

Horarios de hoxe
Misas ás 10, 11 e 12 da mañá
ás 4,30 da tarde Rosario e Novena
Misa dos enfermos ás 5 e tamén haberá Misa ás 6 da tarde
ás 7 Concerto oración
deixovos o enlace desta comunidade para que a coñezades un pouquiño máis


Feliz domingo
Javier Alonso
A Franqueira
04-09-16

No hay comentarios:

Publicar un comentario