viernes, 17 de mayo de 2019

LETRA A LETRA

Hoxe é día de letras, que van e veñen, letras que recollen nun listado: o A, a B, o C, o D, quer que siga? Non fai falla. Letras que se escribe do mesmo xeito pero soan noutro cantar. Letras que se fan arrolo, canto suave ou berro afogado. Letras que son poema, cantiga e oración. Letras que se fan pregaria, compaixón e don. Letras que xuntiñas quecen, que soan esvaen. Letras que poñen nos beizos verbas de corazón.
As letras non son alleas, son nosas. Non no-las deron, nacen en nós. Non son de aprender, veñen do berce e nos dicen quen somos, de onde vimos, por onde andamos. As letras, escritas, como testemuño dunha fala, dun ollar, dun xeito e dereito, dun albiscar, dun entre lusco e fusco, dun espanto ou dun espantallo. 
Hoxe quero unha letra detrás de outra e quero escribir nunha folla que vai e volve. Quero poñer en letras de ouro: Deus, Pai, Vida, Amor, Esperanza, María. Quero escribir: saudade, morriña, inquedo, aloumiño, naiciña, colo, 

Pon ti a túa verba, letra a letra, non allea, senón de dentro. 
Pon unha soa, e dalle o son da lenda, da fala, da vida.
Pon todo nunha verba e dille ao Facedor que isto non é Babel, que na fala do corazón no amor vivimos en Pentecostés.

Feliz día
Xabier Alonso
17-05-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario