jueves, 16 de mayo de 2019

ANTÓN FRAGUAS, estudioso das Romarías

A celebración das letras galegas ten o seu oco este ano na Franqueira. O libro do homenaxeado Antón Fraguas veu á luz nunha reedición que foi presnetada hai unhas semanas no Santuario. O presidente de Galaxia, Anón Vidal, será no día 2 de xuño o pregoeiro das Romarías das Pascuillas. A razón, pois porque grazas a el e á editorial e aos organismo público puido recuperarse unha obre de Fraguas referente á nosa Señora. O santuario fixo asemade unha edición a máis para garantir que os que desexen disfrutar desta obra pequena, pero sustanciosa, poidan facelo.

As romarías e santuarios é unha das señas de identidade do noso ser galego. O calendario festivo enche a nosa terra de citas indiscutiblemente cheas de simbolismo e que arrancan do máis fondo do noso ser. O labor dun santuario non é museístico, nin etnográfico, nin busca restaurar o que os "antergos" viñeron de facer. É mnoito máis, pois o centro da expresividade non é o que facemos nin como, senón a quen. Moitas veces esquécese isto. Non vimos a repetir uns xestos de xeito mecánico, nina transmitir unhas lendas ancestrais, nin a a facer da expresión relixiosa un teatro vistoso ao público habitual ou de fora. Moitas veces o coñecido xeralmente como Turismo relixioso, ou esas posturas que toman algúns declarando a posta en valor, ou ponedrar. Filliños, na cuestión de fe que move non son os proxectos, maís oumenos eficaces, é a fe. Non nos move máis que isto vir un ano máis a Franqueira. A xente cansa moi tarde ou cedo se non pon a fe como prioridade do que realiza, pode ser usada a súa expresión popular, isto é piedade ou relixiosidade do pobo como escaparate pero non a fecundidade do Espírito. O papa Francisco nos fala en moitas ocasións da necesidade de vivir esta piedade como lugar onde o Espírito actúa na vida dos crentes. 
Por isto, non é extraño que se pida con insitencia que no santuario, como nas parroquias, afondemos no que facemos. Paremos uns intres, deixemos que fale o corazón, descubramos no diálogo interior que o Señor actúa.

Cando veñamos camiñando coas nosas imaxes, fai silencio, deixa desbordar a túa vida, contempla, reza, sinte cada pegada do camiño como un paso da vida, como o andar polo feitío do mundo sendo lumieira de esperanza. Mira adiante e deixa que María guíe o vieiro do corazón. Ser cada día máis fiel, escrutar o corazón de descubrir dentro de ti a beleza do encontro co amor que Deus te profesa. Non teñas medo ás dificultades da vida, non afogues, toma alento e sigue. O cansanzo do camiño recupérase sabendo con quen imos estar. Segue pois o camiño da Franqueira, vai ser camiño de irmáns. 

Mañá seguimos preparando a peregrinación
unha aperta amigos
Xabier Alonso
16-05-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario