miércoles, 29 de mayo de 2019

COMO MARÍA UNHA IGREXA NOVA


No corazón da Igrexa resplandece María. Ela é o gran modelo para unha Igrexa nova, que quere seguir a Cristo con frescura e docilidade.(CV 43)

Estes días previos á celebración da Romaría das Pascuillas, quero compartir algunhas das ideas que nos transmite o papa Francisco na Exhortación postsinodal Christus vivit e que se centran no papel de María como muller que na súa mocidade asume o proxecto de Deus na súa vida.

1º: No corazón da Igrexa resplandece María. O que máis valoramos e apreciamos, levámolo no noso corazón, non o declara nun aspecto meramente afectivo, senón que ocupa o centro da nosa existencia. O corazón da Igrexa, sendo esta un corpo vivo, unha comunidade activa, que necesita no seu interior, no seu corazón, desterrar as tebras que tantas veces nos invaden. O corazón, centro das nosas decisións, dos desexos e afectos, ten que estra sano e vital, atento e alegre, vivo para dar vida. No cetro da Igrexa, polo tanto, está María como luz. 
Lembremos as verbas do Concilio Vaticano II e que nos achegan ao senso desta declaración

"La Madre de Jesús, de la misma manera que, glorificada ya en los cielos en cuerpo y en alma, es imagen y principio de la Iglesia que habrá de tener su cumplimiento en la vida futura, así en la tierra precede con su luz al peregrinante Pueblo de Dios como signo de esperanza cierta y de consuelo hasta que llegue el día del Señor"(Lumen gentium 68)
María alumea no cerne, no interior, no centro da vida da Igrexa sendo a mostra do que Deus alenta en nós para esperar, e a esperanza, sempre nos renova, nos ilusiona, nos rexuvenece. 

2º Modelo dunha Igrexa nova.
A conversión á que nos chama o Evanxeo convídanos a deixar atrás o "fermento" vello, o que xa está caduco, non so na nosa vida espiritual, que non so o ámbito interior, senón o que nos descubre o mundo de relacións e de decisións que tomamos ao longo da vida. Nunca vin unha imaxe da Virxe avellentada, maior, senón sempre xoven, pero ao mesmo tempo, moitas das súas imaxes coa madurez que transmite a experiencia da vida. Porque, aínda que sexa unha representación da maternidade, trasmite xa o que significa a cruz, e inspíranos o camiño da esperanza na gloria.
Volvemos ao concilio e fixarvos o que nos di
"La Iglesia, en su labor apostólica, se fija con razón en aquella que engendró a Cristo, concebido del Espíritu Santo y nacido de la Virgen, para que también nazca y crezca por medio de la Iglesia en las almas de los fieles. La Virgen fue en su vida ejemplo de aquel amor maternal con que es necesario que estén animados todos aquellos que, en la misión apostólica de la Iglesia, cooperan a la regeneración de los hombres" (Lumen gentium 65)
Para enxendrar, dar vida, é necesario estar cheos de vitalidade e ser fecundos nun corazón novo e alegre. A Igrexa nai non pode dar a impresión de ser unha vella desdentada e con cara deamargada, do mesmo xeito que contemplamos en María a vitalidade da mocidade, coa madurez da decisión alegre e viva de ser nai do Salvador, así a Igrexa, así cada un de nós.

3º Seguir a Cristo con frescura e docilidade
tres aspectos que nacen nesta afirmación: seguimento, frescura e docilidade.
O seguimento de María é o de facerse a primeira entre os discípulos do Señor, do seu Fillo, pois a aceptación do proxecto de Deus supúxolle, como nos di o Concilio, que "avanzó también la Santísima Virgen en la peregrinación de la fe, y mantuvo fielmente su unión con el Hijo hasta la cruz, junto a la cual, no sin designio divino, se mantuvo erguida (cf. Jn 19, 25), sufriendo profundamente con su Unigénito y asociándose con entrañas de madre a su sacrificio, consintiendo amorosamente en la inmolación de la víctima que ella misma había engendrado; y, finalmente, fue dada por el mismo Cristo Jesús agonizante en la cruz como madre al discípulo con estas palabras: «Mujer, he ahí a tu hijo» (Lumen Gentium 58). 
No camiño da fe de todos nós, María nos precede e convídanos a sermos nós quen a acollamos no nos fogar, como o dicípulo amada, para que viva nos noso fogares.
Frescura, que foi o vento que entrou na estancia onde os discípulos estaban reunidos o día de Pentecostés. Ela únenos na oración para recibir a frescura do Espírito, que nos fai espabilar, despértanos do sono e abre os ollos para ver máis alá
Docilidade, que non significa sometemento inmaduro ou infantil. Dócil, como don de sermos configurados a Cristo,pois como sinónimo de mansedumbre ven convidarnos a camiñar nesta perfección: "vinde os que estades cansos e agobiados, di o Señor, que son manso e humilde de corazón"
A docilidade de María faina buscar unha resposta máis alá de si mesma para saír ao encontro dos que sofren. Dócil non é apoucoado, senón, sinxelo, aberto a aceptación dos riscos que supón compartir cos demáis a vida. Dócil non é silencioso, senón canto confiado a gradecido. Dócil é buscar o esencial, a grandeza no pequeno, no cotiá.

Deste xeito María danos expemplo de sremos unha Igrexa nova e innovadora

Feliz día
Xabier Alonso
29-05-2019






No hay comentarios:

Publicar un comentario