martes, 28 de mayo de 2019

XUVENTUDE NA FRANQUEIRA?

Cando chegan os visitantes por primeira vez á Franqueira non é extraño que fagan esta pregunta: Canta xente vive aquí? A resposta sempre da unha sensación de desalento, como acontece habitualmente nas aldeas. Segundo os datos a parroquia, nos últimos 20 anos descendeu na súa poboación case á metade. Pero, un santuario, non son so os seus habitantes no territorio, senón os que participan da vida deste lugar. Hoxe, dalgún xeito, preparando a celebración inmediata das pascuillas e que terá como protagonistas aos máis novos, quero dedicar estas verbas a esta realidade.
1º: Ser xove non é un trauma transitorio, non é un período ineludible que teña que acontecer, nin un proceso de paso que hai que pasar canto antes para poder ser unha persoa feita e dereita. Penso que ser xove é unha oportunidade de ir descubrindo quen somos para aprendermos a saber quen queremos ser.
2º. Ser xove está supervalorado pero acaban sendo arrinconados. O modelo vital que se nos presenta na sociedade é o da xuventude, facendo que moitas persoas acenien ese tempo pasado para non envellecer, crendo que é o ideal de felicidade. Pero ao mesmo tempo, os máis novos son o marco no que hai máis paro, no que a existe un elevado índice de suicidio, ou as enfermidades mentais atopan o terreo adecuado para non so aparecer senón para quedarse. 
3º. Os xoves son distintos dunha realidade social a outra, pero se lles intenta clasificar nunha globalidade axfisiante. Así, os que viven no ámbito rural parece que xa non é o seu lugar, porque é máis de xente maior, pero ademáis, quedan recluidos a un estilo determinado de vida que se clesifica máis ben como de quen vive como antes.
4º. Que a mocidade no rural ten futuro, e non so no que ven dado por uns "especialistas" senón no futuro que se poidan marcar eles. Imponse necesariamente de preguntarlle cal é destino que queren facer das súas vidas, e saber cales son as necesidades que precisan cubrir. Claro que non se pode dar todo feito, pero acompañar non é direccionismo nin manipulación. 
5º. Sería moito máis longo dedicar tempo a reflexionar sobre a mocidade no rural, pero quero tamén centrarme en que temos a oportunidade de ofrecer desde un lugar, aínda que pareza non posible, que a devoción mariana que se vive no santuario dea cauces de futuro ao mozos e mozas do seu entorno. Cando me refiro a cauces de futuro penso non so nun ámbito espiritual, que é o fundamento e garante de todo, senón no acompañamento en diversos ámbitos.
6º. Para isto necesitamos que teñamos unha visión ampla, que non se reduce ao territorio, senón que ademáis de abrirse a moitos lugares a través dos medios de comunicación, sexa unha vinculación afectiva e efectiva.
7º. É o meu desexo,e  así llo pido á Virxe, que poidamos constituir un equipo de animación para a mocidade con un proxecto concreto. Primeiro á luz do Sínodo da mocidade e da carta do Papa Francisco. Un espazo e unha persoas que poidamos traballar nun proxecto pastoral de futuro. É posible?, pois si. Nalgúns momentos do ano a xente nova pasa pola Franqueira, pero tamén hai novos que participan nalgunhas actividades como acontece na represnetacións de nadal e Semana Santa, nas danzas da Virxe e nas Pascuillas. Son so momentos esporádicos ou poden configurar algo novo?
8º. Por comezar, convido unha vez máis a mocidade que queira participar este ano colaborando na Ofrenda á Virxe coa Delegación de Pastoral Xuvenil que contacten connosco: 609472591
9º. Non quero xa escoitar discursos pesimistas e que frenan as posibilidades que o Señor pon en nós. É tempo de ilusionarse. Pido a valentía do Espírito para todos
10. Teño moita ilusión a que a mocidade que poida participar nas Pascuillas sexa un alento de novidade para todos.

Feliz día
Xabier Alonso
28-05-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario