jueves, 17 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 6º. AQUEL CASAMENTO




Pouquiño a pouco ímonos arrimando ao día grande da Romaría das Pascuillas. A través dos episodios da vida de María imos descubrindo a chamada a renovar a nosa propia vida de fe. Hoxe contemplamos a María compartindo un momento alegre e importante da vida dunha xove parella. Ela, xunto co seu Fillo e os primieros discípulos, participa daquel casamento en Caná. Todos coñecemos o relato no que Xesús comeza a súa revelación, manifesta a súa gloria e medra a fe dos seus dicípulos. Lembremos a palabra que María dirixe aos servintes "facede o que Xesús vos diga". E alá van os criados a enches as tinallas de auga, 600 litros. Unha tarefa silenciosa pero necesaria para que fose convertida en viño anticipando así o banquete das vodas eternas do misterio pascual.
Neste ano imos vendo algúns aspectos da vida da Igrexa.
¿quén son os criados?, pois todos nós, que, acollendo a indicación de María seguimos o mandado do Señor.
¿para que serven as tinas?. Eran das purificacións. Estaban baleiras, o vello rito estaba caduco, a vida estaba valeira de Vida.
Se o que falta é viño ¿encher de auga?. Os riso dos comensais sería grande. Onde ían os criados a botar auga, que cousa máis inútil, pensarían.
Pois así acontece. Unha Igrexa que confía plenamente na palabra de Xesús, e non conforme os criterios do mundo. É o señor quen transforma o caduco, o cansanzo, o que xa non enche, nin alegra, nin da vida. Pero quere que nós, os criados, vertamos a auga.
Comparto convosco a oración que rezan os recén casados diante da Virxe da Franqueira
Oremos polos matrimonios e as familias

ORACIÓN ANTE A SANTÍSIMA VIRXE DA FRANQUEIRA 
DOS RECEN CASADOS NO DÍA DO SEU CASAMENTO

Benaventurada Nai de Deus, 
venerada neste lugar,
coa secular advocación 
de Nosa Señora da Fonte da Franqueira.
Hoxe estamos a celebrar 
este día grande do noso casamento.

Poñemos a nosa ollada en ti 
e deixámonos guiar polo teu exemplo, 
a túa fe, a túa esperanza e o teu amor.
Temos o noso corazón xove disposto para o amor, 
un corazón que soña e reza, 
e que ante ti quere poñer a súa pregaria confiada.

Comezamos un novo proxecto, 
iniciamos unha nova andaina da nosa vida, 
poñemos os nosos mellores desexos no futuro.
Ti, que nas vodas de Caná, 
mostraches o teu corazón atento 
ós apuros dos noivos ó faltarlles ó viño. 
Interce hoxe por nós.
Indícanos o camiño para facer sempre 
o que Xesús, o teu Fillo, nos diga.

Fai que o Señor transforme as nosas vidas, 
que nunca nos falte o viño da alegría, 
o viño da unidade, 
o viño da comprensión e do perdón, 
o viño do entendemento e do diálogo, 
o viño da caridade.
Fai, María, que imitando as virtudes 
da túa familia en Nazaret, 
formemos unha igrexa doméstica, 
comunidade de vida e amor, 
lugar de oración e anuncio do Evanxeo.

Que nunca nos falte a esperanza, 
que irradiemos sempre a alegría fecunda do amor.
Que no noso fogar se aprenda cada día 
que a alegría consiste dicir sempre si a Deus, 
que Xesús é fiel e nunca falla 
e que impulsados polo Espírito 
vivamos na sinxeleza, na oración 
e na alegría serea da felicidade.
Santa María raíña das familias, roga por nós.
Amén.


ahí vai o poema de hoxe

IR DE CASAMENTO
Aquel día era grande, aquela mocidade
cheos de ilusións, de vida e de futuro,
unha nova etapa, un novo tempo,
para estas cousas non hai idade.
Agora, en Caná, non se mira para atrás,
agora é tempo de futuro,
todo fala de unidade
Futuro é fecundidade.
E ti, María, como muller sempre atenta
ollas e observas que o viño está a esgotar.
falas baixo e invitas 
a quen sabes pode darlle bo termo
dando color e sabor alegrando o corazón.
“Facede o que Xesús vos diga”
non fai falta máis palabra
so con que ti o digas
alá iremos e o que Xesús mande
iso faremos.
Enchemos María as pías
de auga fresca ata arriba
pois do que xenerosamente entregamos
o Señor dánolo multiplicado.
Vertemos no corazón baleiro dos homes
auga farturenta que fará o Señor 
converter en viño de alegría e vida.



17-05-2018
Pasade un bo día
Xabier Alonso


No hay comentarios:

Publicar un comentario