sábado, 19 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 8º. CRUZ




Hoxe contemplamos neste camiño orante o momento máis duro de María. Aceptar a morte do seu Fillo. Alí, ao pe da crz, está o signo da Igrexa que ve sufrir ao seu fillo. A fe de María, a súa firmeza, o seu saber estar é froito da acción do Espírito. 
A Igrexa Nai dóese pola dor dos seus membros, pero tamén é consciente de que, por pouco que sexa significa a comunión con aqueles que padecen as consecuencias do pecado, os que sufren as inxustizas, os que son liberados. Tamén é saberse firme pola fe na loita frente ao pecado coa misericordia. O patíbulo convértese nun río incesante de misericordia onde se proclama o perdón ao ladró arrepentido, onde se pide e xustifícase polos que cometen o crímen de matar a quen é bondade. Xustificación que nos alcanza a todos nós.
María é testemuña disto convidando así á Igrexa a sermos tamén nós testemuñas do amor de Deus. 
A Cruz é lugar de conversión. O centurión proclama a divindade de Cristo cando o ve morrer, así, a participación na cruz dos irmáns é un lugar para anunciar a Cristo.

Moitas persoas acuden ao Santuario poñer as súas pregarias pedindo polos seus padecementos ou dos seus. Aos pes de María, a Virxe da Franqueira, moitas bágoas atopan consolo, moitas inquedanzas e oracións son escoitadas, moitos laios atopan a tenrura e o abrazo da Nai.

CRUZ
Árbore  que se eleva
canto de vida,
faro de luz,
sabia que renova,
froito de amor,
Cruz.
A Nai, 
atenta,
silencio,
tenrura,
dor,
pobreza,
morte.
No tesouro interior;
firmeza,
forza,
esperanza,
vida.
María, Nai,
unha nova humanidade
nace e espera,
no perdón,
na misericordia,
na redención.
Xa somos fillos
e ti na dor dos débiles,
dos que padecen.
Nai na cruz,
vida.

 (19-05-2018)




Pasade bo día
Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario