domingo, 20 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 9º IGREXA

Foto de comezos do Século XX da Romaría das Pascuillas na Franqueira

Xa chegamos á fin. Todo está disposto e preparadao para acoller aos milleiros de peregrinos que virán no día de hoxe e mañá  a este Santuario. Hoxe, finalizamos a Novena ás 4,30 da tarde contemplando a María, que une na oración aos apóstolos na espera do Espírito prometido polo Señor. Así nos reúne neste novo cenáculo da Franqueira, para que a nosa pregaria sexa a de sermos recipientes, non pasivo, senón coa nosa propia vida e nosa historia, no que o Señor derrame o seu amor. Fecundidade que comenza na acollida, sincera de que o Señor ven a nosa debilidade. Así como o Fillo encarnou na condición humana cando a "sombra do Espírito veu a María", así tamén, cubre e penetra ata o fondo da alma o don do Señor, fecundidade e vida.

Neste día as parroquias preparan as imaxes que veñen ata o santuario. Explosión de beleza que o inunda todo. Ao contemplar as imaxes da Virxe engalanadas, Ela, a Nai da Igrexa, únenos na beleza da fe e na alegría do Eavanxeo, o seu Fillo.

As ofrendas son signo de que o noso traballo de sementar a terra, de sementar  este mundo coa Palabra de Deus de facer presente a caridade, dará froitos co don do Espírito.

Oremos a María Nai da Igrexa.

Benaventurada Nai de Deus, venerada coa secular advocación da Virxe da Fonte da Franqueira.
Acollidos no teu Santuario invocámoste como Nai da Igrexa e protectora da nosa Diocese de Tui-Vigo.
Ti, acolliches o teu Fillo cun corazón inmaculado, que o levaches no teu seo e o deches a luz, sendo imaxe da Igrexa, nosa nai.
Ti, recibiches ao pe da cruz o testamento do amor e adoptaches coma fillos a todos os redimidos coa morte de Cristo.
Ti, uniches na pregaria aos apóstolos na espera do Espírito e es modelo da Igrexa en oración.
Ti, elevada ao ceo, coidas con amor de nai á Igrexa que peregrina nas nosas parroquias.
Ti, avogada nosa, protexe aos pobres e desvalidos, os doentes e desamparados.
Acompaña as nosas familias, Igrexa doméstica, co agarimo da Nai.
Axúdanos a sermos mensaxeiros do Evanxeo do teu Fillo, que vive e reina co Pai, na unidade do Espírito Santo, por sempre eternamente. Amén


FELIZ DÍA DE PENTECOSTÉS
FELIZ DÍA DAS PASCUILLAS


No hay comentarios:

Publicar un comentario