sábado, 12 de mayo de 2018

NOVENA NA FRANQUEIRA. CADA DÍA UN POEMA





Bos días benqueridos amigos.
Hoxe comezamos a Novena na Honra da Virxe da Franqueira e que nos dispón á celebración da Romaría das Pascuillas. Como ben sabedes será este sábado co anuncio do inicio na tirada de bombas e o toque de campás como acostumamos. 
Ás 6 da tarde teremos o rezo do rosario e Novena, logo a celebración da Misa.
Este día teremos un grupo da mocidade da Parroquia de Guizán en Mos que fan o camiño a pe.
Un bo inicio.

Lembrade os horarios da novena
Sábados ás 6 da tarde
Domingos ás 4,30 da tarde
De luns a venres ás 8 da tarde

Aquí vos deixo o enlace para os horarios


Iremos desgranando cada día o significado de María, Nai da Igrexa. Festividade posta polo papa Francisco para o luns de Pentecostés. Pouco a poucvo poremos as reflexións desta novena.

Tamén cada día agasallaremos un poema dos que están recopilados por diferentes persoeiros que lle adicaron os seus versos á Nosa Señora da Franqueira.

Tamén hai que dicir que algúns son anónimos

Ahí vai o primeiro, titúlase "Aos teus pes, naiciña"

Aos teus pes, naiciña
acolle a miña oración
de fillo que baixo o teu manto
sinte ao seu carón
Corazón que palpita
de Vida e de Grandeza
que nace da humilde escraviña
que ten no Amor ao seu Señor
que en cada palpitar
fai o meu corazón alentar
para vivir no seu amor.

Feliz día
Xabier Alonso
12-05-2018





No hay comentarios:

Publicar un comentario