lunes, 28 de mayo de 2018

UN MONXE NA FRANQUEIRA



Esta semana teremos hospedado no santuario a Santiago Ordóñez, da Orde do Císter, mooxe do mosteiro de Sobrado dos Monxes en Coruña. Unha oportunidade para compartir con este home dunha fonda experiencia espiritual o día a día da oración e da lectura crenta da Palabra.
Os que queirades o vindeiro mércores, despois da Misa das 6 da tarde, teremos unha terulia con él. 
Ademáis, o pequeno grupo de oración de laudes, ás 7,30 da mañá, nos reunimos na capela da Reconciliación para afondar no rezo da liturxia das horas.

damos as grazas de antemán ao P. Santiago por vir pasar connosco estes días de silencio e oración. Queremos que sexa un vínculo entre este lugar, antigo mosteiro cisterciense e a vida monástica coa vida cotiá dos devotos e devotas da Virxe da Franqueira

No hay comentarios:

Publicar un comentario