jueves, 24 de mayo de 2018

PASCUILLAS. MIL GRACIAS




Un ano máis cumprimos coa nosa santa tradición de reunirnos na Franqueira. Unha manifestación de loanza a Deus por María, Nai da Igrexa, como é proclamada desde este ano polo Papa Francisco e por toda a comunidade cristiá. Moitas son as experiencias e sensacións que afloraron nese día. Por todas dou grazas a Deus. 
Renovouse a nosa devoción a María. Fortalecéronse os lazos de comunión e de amizade entre os peregrinos das parroquias. Fíxose un gran esforzo por peregrinar e facer o camiño. Unímonos nunha mesma pregaria e celebramos xuntos a Eucaristía. Moitas grazas polo silencio na celebración da Misa e na visita ao santuario. 
Grazas ao Sr. Bispo por presidir a celebración e aos sacerdotes
Moitas grazas á parroquia de Meder ao preparar a súa ofrenda. 
Grazas as parroquias, aos párrocos e os que preparan as peregrinacións. 
Grazas aos servizos de emerxencia e seguridade. Ao concello que nos facilitou as mesas no recinto da celebración.
Grazas a todos os voluntarios que fan posible todo isto, por amor a María e como vivencia da súa fe. 
Pero o grazas máis grande é a Deus, Pai de bondade e misericordia, que nos concede esta oportunidade de sermos terra boa, como María, para recibirmos a Palabra, que no don do Amor é fecunda e fai presente o don do Fillo na nosa carne.
Grazas a María, Virxe da Franqueira.
Grazas a todos, mil grazas

Unha aperta
feliz día de Xesucristo, Sumo e eterno sacerdote
Feliz día de María Auxiliadora dos cristiáns.
24-05-2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario