sábado, 28 de diciembre de 2024

O XUBILEU, UN CAMIÑO DE ESPERANZA


Cando nos plantexamos comezar un novo tempo nace en nós unha ilusión de que as cousas serán para ben. Inauguramos unha casa e consideramos que todo será novo, nós somos os mesmos pero temos novas actitudes, coidamos os detalles, gardamos un orden. Os cativos, ao comezar o curso, teñen os libros e os cadernos limpos, en orden, e teñen o convencemento de que o curso será bo. Cando iniciamos unha relación pensamos que será unha aventura na que poñemos o mellor de nós mesmos e cremos que todo funcionará ben. Toda novidade conleva unha nova responsabilidade. Insisto, somos os mesmos, pero cunha nova actitude. Ás portas de iniciar un novo ano, non so o do calendario, senón tamén o deste xubileu, consideramos novas actividades, programamos unha xeira de propostas, somos os mesmos, pero ppomos no centro unha verba: a esperanza. E con ela queremos construir este tempo que nos relaga o Señor. Pois a esperanza cristiá non nace dos nosos desexos, senón que ven de Deus que se nos ofrece como oportunidade de camiño sen fin, de meta en el que é fonte e cumio de amor e confianza no seu ser. Así como o fogar que estreamos non é so o resultado de esforzos, que son necesarios, senón da oportunidade que nos ofrecen, o curso como camiño que se nos abro, o calendario como tempo que se nos agasalla, este xubileu, é un don que nos doa Deus a través da súa Igrexa.
Somos os mesmo, non cabe dúbida, pero dásenos o tempo da conversión que é chamada continua, desterrando do noso as negacións, pecados e lonxanías, resquicios de maldade que se nos apegan e que necesitan aferrarse a unha nova invitación a crer na miserciordia. Deus, doante por excelencia, non se resrevou nada, no seu Fillo déunolo na totalidade, e non pedoa a cachiños, pero nós deixámonos amar con cativeces. Deixarnos perdoar conleva tamén o compromiso de poñer un novo orden na vida, priorizar o verdadeiro, desterrar, ou máis ben, permitir que o Señor expulse os mercaderes que rouban a autenticidade do noso corazón, co que tantan veces negociamos e ata nos vendemos. Por canto pouco deixamos por un prezo ridículo a nosa alma permitindo que quede lixada por unha miseria que non é nada comparada co amor imfindo co que Deus nos ama entrañablemente.
Comezamos un ano de camiños. Desde o Santuario da Franqueira, como templo xubilar, queremos ofrecer unhas rutas de peregrinación que iremos debullando ao londo do ano. Camiños que nos farán reflexionar, orar, celebrar e vivir a mensaxe de amor e esperanza que nos trae o Señor, deixándonos acompañar da man de María. Rutas que faremos paseniñamente para chegar ao templo, o fogar, que nos recolle a nosa Nai co seu amor. 
Queremos vivilo desde unha proposta de acción na cercanía cos que máis sofren, no noso caso, os cativos, estaremos apoiando o Centro de Atención de Día de Cáritas como xesto de colaborar coa súa tarefa.
Queremos ofrecer tempos de silencio, oración e reconciliación, de vitalidade que, superando pola graza do perdón as nosas dificultades, poidamos camiñar na esperanza segura do destino final, ver cara a cara a nosa propia realidade, vulnerable, pobre e descubrir nela a beleza de que o señor faise un connosco para nos sentirnos perdidos nin ser tampouco uns perdidos.
Pomos a María, Nai e Raíña da Esperanza  como garante deste camiño xubilar que inciamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario