miércoles, 1 de enero de 2025

ANINOVO DE PAZ DA MAN DE MARÍA


ANINOVO DE PAZ DA MAN DE MARÍA

(As fotos podemos ver o amencer deste primeiro día do ano na montaña da Paradanta) 

Un novo ano na man de María, Nai de Deus e Nai da Igrexa. Proclamos benaventurada a humilde muller de Nazaret, sinxela e disposta a vivir a vontade de Deus. Foinos dado un meniño, da man da súa nai que o entrega como ofrenda de redención para o perdón da humanidade. Unha note de rexa friaxe os homes que pastoreaban viron amencer a luz do Salvador. Ás carreiras chegaron onda o meniño, postrados adoraron e abriron camiños do que é a peregrinaicónd a vida, sair ao encontro do Deus que nos amosa o seu rostro, e o fai, no meniño necesitado de coidados e agarimos, que fai abrollar tenrura e sorriso.


Unha nai non é buscada, unha nai é doada. E María non so doa ser nai por designio divino, senón que acepta ser nai con todas a consecuencias, nela reúnese tamén a natureza humana da muller, fecunda e cun futuro prometedor, comprometida e namorada, coa natureza divina de quen é fonte da vida, o Deus entrablemente misericordioso, facedor de todo o coñecido, no que a doazón de vida significa entregalo todo para que os homes participen desta tarefa creadora. E Entrega a María ser cocreadora dunha nova humanidade, nada da man obediente e o corazón disposto, sen dobreces nin compensacións, simplemente asume con toda a súa carga ser nai. A nai faise tendo fillos, e María faise nai do Salvador, e por ende, dos que nacen do plan de salvación. Temos unha nai, María, que nos fai a nós tamén vivir unha relación de fraternidade e de deixarnos coidar por ela.

E agora, no medio da noite, os pastores veñen adorar o Año que se inmolará, os pastores, aqueles homes dos que desconfiaban todos, que eran mal vistos  e considerados despreciables, pois non cumprían coas prerrogativas das liturxias, nin participaban das asembleas de aoración, postos coma ladróns e mentireiros, que non eran quen de testificar nun tribunal. Pois a eses foilles revelada a nova da Salvación, a eles pertencen os tesouros da liberación e do perdón, da misericordia e do amor. E quen, na súa pobreza, recibe este gozo, faise mensaxeiro de Boas Novas cantando as loanzas ao Señor.

Este Meniño, nado dunha virxe, na miseria e pobreza, deitado na manxadoira, revelado aos pastores, pobres e últimos, será quen nos invite a sermos nós tamén quen camiñemos detrás do Bo Pastor, que nos deixemos rescatar polo que sae á busca da ovella perdida, do que nos coida e busca pastos verdecentes.

   


Os anxos cantan a gloria de Deus e a paz para os homes... e hoxe inciamos o novo ano querendo anunciar ao mundo un tempo de paz, esperanza posta polo Señor no corazón desalentado dos homes, a quen deus de paz e bondade o entrega todo para o seu ben. Recemos pola paz ao que ven ser a nosa paz, guieiro das nosa conciencias e pacificador do noso corazón. Que cesen as armas e que se abran novos camiños. O Xubileo é tempo de reconcudir a historia desorientada, de retornar a terra da que nos foi dada, de volver ao que o facedor ten vontade de que sexa.

CON MARÍA GARDEMOS NO CORAZÓN


1 comentario:

  1. Que la generosidad y la ternura de Santa María imperen en la Tierra

    ResponderEliminar