Os magos saen guiados por unha estrela. Eles escrutan os signos dos tempos, estudan os astros, desprendense de todo e saen. O camiño e longo, convencidos de chegar onda o rei que nace. O camiño fanno en comunidade atraídos polo campartir o que cada un coñece e sabe, pondo en común para enriquecer os coñecementos. Saen superando os perigos e pondo as súas dúbidas nos sabios de Xerusalén. Saen, porque necesitan atopar. Este ensino dos magos apréndenos a todos a non sentirnos autosuficientes, senón a recoller a sabedoría dos antigos e a enriecernos mutuamente.
Os magos son os pobos, as xentes, as culturas, a sabedoría da humanidade que necesita unha resposta fonda e certeira, que fará unha transformación da persoa en todas as súas dimensións. Son sabios e convértense en aprendices, son xente de altura e axeónllanse, son personaxes extranxeiros e pasan a ser familia de Deus.
Traen agasallos, ouro, inceso e mirra. Ouro para o rei, incenso para o Deus, mirra para o home. Conflúen en Xesús estas tres dimensións, que son unha chamada a deixarnos configurar nós tamén. Polo noso bautismo, pola Pascua do señor, o paso de Deus pola vida actuante no Espírito, somos nós incorporados, como adoradores, a sermos en Cristo Sacerdotes, profetas e reis. Sacerdotes en cristo que eleva a súa ofrenda ao Pai de si mesmo, profetas dunha humanidade nova que se realiza no corpo de cada membro e dun corpo en cristo que é a Igrexa, e, reis partípes no reinado de Deus sendo construtores dapola verdade, a xustiza e paz.
E María amosa o Neno, pequeno e fráxil, que comeza con todos unha historia de amor, de vínculos de graza. Cos magos, con María e Xosé, sexamos peregrinos de esperanza, discernindo os sinais dos tempos, gardando no corazón e custodiando o amor.
Felicidades a todos
Com os Reis, peregrinamos na esperança...
ResponderEliminarPeregrinamos con la esperanza de encontrarnos con Jesús, María y Los Santos
ResponderEliminar