domingo, 24 de junio de 2018

SAN XOÁN




Celebramos esta solemnidade do nacemento do que había de anunciar a chegada do Salvador. É Xoán, nado da fecundidade da misericordia de Deus, onde a vellez e infertilidade, imaxe dos antigos tempos, convértense na novidade da intervención do que fora prometido durante séculos. 
Xoán é o seu nome, nome de fidelidade e misericordia. 
Aquel que saltou de ledicia no ventre da súa nai que nos axude a saltar de gozo ante a intervención de Deus. Saltemos de gozo, loemos con contas de ledicia, proclamemos da viva voz a palabra.
O que foi profeta, voz no deserto, nos alente a sermos e vivirmos cunha actitude profética: austeridade de vida, denuncia da inxustiza, anuncio de novos tempos.
Xoán sinala a presenza do Señor Xesús para que o sigamos, así, poidamos axudar a moitos a coñecer, amar e seguir a Xesús.
Xoán entregou a súa vida pola verdade e a xustiza, anticipando o testemuño dos crentes ata facer da súa vida ofrenda unida á cruz de Cristo.

Benqueridos amigos
Feliz día de San Xoán
Xabier Alonso
24-06-2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario