martes, 26 de junio de 2018

SAN PAIO




Santo Paio, San Pelayo, San Pelagio... nomes estes do mesmo meniño, heroe mártir, xoven valente, que entrega a vida nos tempos da reconquista. 
podedes entrar neste enlace para coñecer un pouquiño a súa vida


Nacido en Albeos, Crecente, na nosa diocese de Tui-Vigo é exemplo de xenerosa entrega e modelo de pureza de corazón, limpo de corpo que na súa adolescencia non repara en facer da súa vida ofrenda en Cristo no martirio. 
Paio ven sendo unha chamada constante a non ter medo ante as ameazas, a non dobregar ante as tentativas das riquezas, do poder e do pracer, a profesar con entereza a nosa fe. Podemos gloriarnos e dar grazas a deus por termos un exemplo de santidade que é modelo para a mocidade dos noso tempos. Podemos dar loanza ao Señor por agasallarnos coa lumieira da santidade deste xove.

Feliz día
Xabier Alonso
26-06-2018




No hay comentarios:

Publicar un comentario