martes, 12 de junio de 2018

SAN ANTONIO





Non hai Igrexa na que non atopes unha imaxe de San Antonio de Padua, ou conforme ás súas orixes, de Lisboa. Achegarse a este santo é deixarse encher da sabedoría nacida da humildade propia do carisma franciscano. 
Unha palabra certa, sinxela, que penetra no cerne da alma e fai reconstruir a nobreza do Evanxeo que o Espirito pon en cada un. 
Lumieira de esperanza que se abre paso no incerto de quen perde o rumbo e necesita un guiero seguro que lle leve á fe. 
Antonio axúdanos a recuperar a  inocencia que abrolla do Deus feito neno. 
Antonio desvélanos o misterio da presenza do Deus feito alimento, carne que é manxar no pan eucaristizado, sangue da ofrenda no viño santificado. 
Antonio alértanos ante os perigos de deixarnos deslumbrar por verbas enganosas que nos confunden e alónxanos da verdade. 
Antonio ensínanos a abrir o corazón á palabra que agroma nunha humanidade cheíña de verborrea. Antonio fainos confiar no milagre de que a vida pode dar unha volta e recuperarnos do que nos desalenta. 
Antonio pode empurrar os nosos pes para que saiamos ao encontro do que padece. 


Antonio por el non pode, non sabe, non serve, non chega. 
Por Antonio descubrirmos que todo é obra do amor do Señor.
 Por iso, hoxe, con el digamos si ao Deus bondadoso, ao que se fixo sinxeleza, humildade, palabra, verdade, alimento, vida, milagre, esperanza. 
Con Antonio recibe neste día todo isto do Señor.


Felicidades a todos os Antonios.
Feliz día
Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario