Hoxe dan comezo os cultos á Nosa Señora da Franqueira co primeiro día da súa novena. Como xa sabedes moitos de luns a venres ás 8 do serán e o sábado ás 6 do serán e o domingo ás 4,30.
Hoxe iniciamos adentrándonos no Misterio da Anunciación. O Fillo de Deus faise carne no seo dun xove mociña dunha aldea, Nazaret. Lembremos as verbas de natanael "de Nazaret pode seír algo bo?". Non é o que sae, senón quen chega. E na humildade dunha mullerciña achégase a Misericordia para tomar rostro na humildade, humus, da nosa condición humana.
A aceptación de María é a ratificación do proxecto de salvación iniciado por Deus no momento en que o home, na súa liberdade dalle as costas ao seu facedor. A promesa revelada despois do Pecado Orixinal faise verdade e visible nun meniño que vai nacer. A Misericordia prometida desdo o comezo toma corpo na tenrura dunha nai. Ela asume na súa vida a misión misericordiosa.
Hoxe pedimos moi especialmente polas vocacións, a bautismal, a orixinaria, porque moitos bautizados non son conscientes do tesouro que levan en si, porque necesitamos revitalizar o noso sermos fillos do Pai da Misericordia, volver son os pasos perdidos que o pecado nos levou a derroteiros de miseria e de fame, como o fillo pródigo que somos nós. Volver á beleza e dozura, á tenrura da fe que nos amosa a Nai do Señor. Hoxe pedimos polas vocacións específicas: a sacerdotal, a relixiosa, consagrada e matrimonial. Dicir si como María a realizar a peregrinación da Misericordia para atoparmos co amor orixinal que nos ten creado, chamado e consagrado.
Entremos na aldea de Nazaret, pasemos un rato de sielncio no fogar desta muller, a Muller nova, María, deixemos adentrar en nós o Espírito que da vida, vida en Xesús Salvador.
Virxe da Franqueira axúdanos a dicir si e a poñermos a nosa vida nas mans do señor coma ti. Pídenos a graza do Espírito para manternos na fidelidade ao amor misericordioso.
Feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira 30-08-16
Descarga os horarios deste mes neste enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario