domingo, 24 de marzo de 2024

ApaixoNados na Vida

 


ApaixoNadosNaVida

Con estas palabras engarzadas como un tecido de amor vital para todos, queremos enmarcar esta Semana santa como a conmemoración da historia de amor que Deus realiza connosco en Xesús. Este domingo de Ramos na paixón do Señor ven ser para todos un pórtico de entrada na que nun fermoso cadro se nos debuxan os elementos esencias dese día que nos convocan nunha nova primavera de vida.

Xesús entra a lomos dun burriño na cidade santa de Xerusalén aos berros lediciosos dos nenos e vellos. Hosanna, bendito o que ven no nome do Señor. Xesús, entra, e pasa, pascua do amor rebordante que ven a sacrificar o Año Pascual que renova a Alianza de amor. 

Quén é este que entra victorioso? O Rei da Gloria.Este é o Fillo de David, o Mesías, O Señor, quen será recoñecido na horta das Oliveiras cun bico, quen será negado ao canto do galo. Este é quen declara diante dos tribunais, o que se fai en nome de Deus e no nome dos poderosos, e declara SON EU. Así é. E supón unha ameaza, unha blasfemia e un golpe ao poder. 

Xesús pasa polas rúas de Xerusalén, primeiro aclamada e logo insultado; primeiro como Rei e logo como criminal. Para que no altar da Alinaza, no cumio do Calvario será proclamado "Este é o Fillo de Deus"

Hoxe entra Xesús na realidade das vidas para selar a Alianza de Amor. A Paixón de amor que nos da a vida.


1 comentario: