domingo, 10 de marzo de 2024

NON DAR AS COSTAS Á LUZ


 Benqueridos/as:
Xa estamos chegando á fin do camiño coresmal. Este domingo os cregos na Misa podemos vestir coa cor rosada. É un detalle que pode ser mínimo, pero que facilita poder albiscar a luz do Resucitado, e ao mesmo tempo, ir vendo os froitos deste camiño penitencial no que somos chamados a rexurdir á vida nova.

Neste domingo escoitamos unha palabra do evanxeo de Xoán no diálogo de Xesús con Nicodemo. Na noite preséntaxse onda o "enigmático mestre" que lle inqueda o corazón, pero que non se decide a dar un paso adiante. A conversa ten dúas liñas que nos axudarán a dar grazas a deus neste día do Señor.

A Cruz. Lembrando o feito de que Moisés ergue o estandarte da serpe para sandar ao pobo ferido no deserto, así será elevado, en expresión de Xoán refírese á Cruz, como a mostra radical do amor de Deus por salvar ao mundo. A chamada de tomar a cruz e seguir a Cristo convértese nun camiño de amor, de aceptación do amor de Deus por nós.

A Luz. Acoller e deixarse alumear pola luz. Cando estamos na casa e abren a porta e da o sol, se alguén entra e pega forte a luz, a nosa ollada non é quen de distinguir o rsostro. Vir a contra luz e andar a contra luz e estar vendo a propia sombra. A proposta do camiño de fe é deixar que a luz nos alumee o rostro. Quen así vive non se avergonza, da a cara, transmite a presenza da luz.

Hoxe somos convidados a vivir cara a luz vivindo na verdade. 

Virar de rumbo ás veces é necesario, pero non dar as costas á luz

feliz domingo

1 comentario:

  1. Não dar as costas a luz, significa deixar nossas sombras atrás...

    ResponderEliminar