domingo, 13 de diciembre de 2020

SANTA LUCIA

 


Nesta festividade pomos algúns dos refráns máis coñecidos dedicados a Santa Lucía

Cando chove por Santa Lucía, non hai sardiña

Chuvia por Santa Lucía, tolle a sardiña 

Comenza a crecer o día pola Santa Lucía 

Desde Santa Lucía crece o día como a pisada dunha pita.

Desde Santa Lucía crece o día como a pisada dunha pita 

Día de Santa Lucía, enchente de agua ou de sardiña 

Día de santa Lucía, o salto dunha pulga ó día 

O día de santa Lucía medra o día a pasadiña dunha galiña

O día de santa Lucía mengua a noite e medra o día.

O que non é o día de Santa Lucía, é pro outro día 

Pola santa Lucía, a pata dunha galiña 

Pola santa Lucía, mascatos na badía

Pola santa Lucía mengua a noite e medra o día.

Pola santa Lucía, neve na pía, polo san Nicolau neve no pau.

Pola santa Lucía xa medra un palmo o día.

Pola santa Lucía xa o caldo alumía.

Por santa Lucía non cae a noite como o día.

Por santa Lucía saca da noite e mete no día.

Por santa Lucía, o allo quer ve-lo día.

Santa Lucía anda co porco á porfía.

Santa Lucía, auga ou sardiña.

Se para Santa Lucía non hai neve na pía, haina para o outro día.






No hay comentarios:

Publicar un comentario