No día 8 de agosto, Frei Martiño, da Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus, agasallou á Nosa señora da Franqueira cun rosario do Papa Francisco.
Frei Martiño, natural de Ourense, leva case que medio século en Roma no labor farmacéutico do Vaticano. Todos coñecen a Frei Martiño na farmacia vaticana e nas demáis estancias do Papa. Desde novo está ao servizo da saúde do bispo de Roma.
Cada ano ten costume de visitar o Santuario da Franqueira na época estival. E, nesta ocasión, trouxo este rosario, acompñado coa fotografía, dunha audiencia co Santo Pai, no que como é habitual, lles da o agasallo dun rosario. O pasado día 8, día no que cada mes celebramos a Eucaristía solemne en honor da Virxe, entregou á Nosa Señora este sinxela, pero significativa ofrenda.
Damos as grazas a Frei Martiño e as nosas pregarias por el e pola Orde Hospitalaria
Xabier Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario