Coa expectativa aínda posta na evolución da pandemia, pomos a disposición dos romeiros e devotos da Virxe da Franqueira os horarios das Misas e celebracións con motivo da Solemnidade da Natividade da Virxe María. Como é de supor este ano non teremos as tradicionais danzas nin a dramatización do crisián e o mouro.
Pedimos aos peregrinos que se organicen ao longo de todo o mes para que o aforo dos días centrais non se vexa desbordado.
Graciñas pola vosa comprensión e que a NOsa Señora da Franqueira nos axude a vivir estes momentos complexos con serenidade e ánimo. Coidarse moito
No hay comentarios:
Publicar un comentario