lunes, 3 de agosto de 2020

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DESDE A FRANQUEIRA

Estamos comenzando o mes de agosto. Moitas persoas acuden ao Santuario da Nosa Señora da Franqueira aproveitando os días de vacacións. Outros, despois destes meses de confinamento na emerxencia sanitaria e pandemia, veñen por diante da Nosa Señora as súas inquedanzas. 
Permitíedeme unhas recomendacións.

1.- O Santuario permanece aberto todos os días, desde as 9 da mañá ata as 9 da noite.
2.- A entrada están os xeles e normas de precaución
3.- Que por agora non hai problema de aforo, se nalgún momento chegara a ter dificultade, está prevista a celebración no exterior.
4.- Durante a semana, de luns a venres as Misas son ás 8 da tarde, tamén hai os mércores, como é costume ás 6 da tarde.
5.- As fins de semana as Misas son os sábados ás 6 da tarde e domingos ás 11 da mañá e 5 da tarde
6.- Que en breve poremos unha programación de actividades e celebracións que facilitarán a asistencia ao Santuario para non exceder o aforo en setembro e poder preservar a saúde dos peregrinos e romeiros.
7.- Queremos felicitar e agradecer o comportamento exemplar nas celebracións no uso de máscaras e gardando as distancias.
Moitas grazas

Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario