FESTA
DOS POXOS
A
FRANQUEIRA 20 DE SETEMBRO DE 2015
PEREGRINACIÓN
DA FAMILIA SALESIANA Á FRANQUEIRA
Esta
ano a festividade dos Poxos no Santuario da Franqueira ten un
carácter moi especial. Neste día, 20 de setembro, culmínanse as
celebracións en Honor da Virxe da Franqueira con toda a vistosidade
propia dun día de Romaría. Así, durante a mañá celébranse as
Misas en Honor da Virxe no Santuario e tamén a atención ás persoas
que se achegan a recibir o Sacramento da Reconciliación. As Misas
son ás 9, 10, e 11 da mañá, téndose a Solemne ás 12, que, será
presidida polo Sr. Bispo D,. Luis Quinteiro Fiuza e concelebrada
polos PP Salesianos. Á fin terá lugar a solemne procesión coa
venerada imaxe da Virxe da Franqueira no seu carro de labranza e
acompañada polas danzas na súa honra. Unha vez finalizadas as catro
danzas, os pauciños, as cintas, os arcos e o trenzado no mástil,
terase como é costume o Auto sacramental do Cristián e o mouro.
D.
BOSCO NA FRANQUEIRA
Este
día terá asemade a presencia excepcional, como todo o mes, da imaxe
de D. Bosco con motivo do Bicentenario do seu nacemento. Por esta
razón a Familia salesiana de Virgo está a organizar unha
peregrinación ao Santuario da Franqueira coa participación dos
membros que conforman esta congregación: Salesianos, Salesianas,
Antigos Alumnos, a comunidade parroquial de María Auxiliadora, os
cooperadores salesianos, a Asociación de María Auxiliadora e os que
se unen nesta expedición. Na Misa Solemne, o P. Director, D. Joaquín
Nieto Isidro, fará a oración- ofrenda á Nosa Señora da Franqueira
en nome de todos os participantes.
A
nosa Diocese conta tamén en Morgadáns coa memoria do primeiro
Salesiano español, o P, Hermida, polo que se unirán a esta
celebración, como tamén a parroquia de Crecente, na que naceu o
Beato Salvador, Salesiano martirizado na persecución relixiosa na
contenda civil española.
A
imaxe de D. Bosco estará presente nas celebracións da Eucaristía,
e, procesionará xunto á da Franqueira acompañada polos seus
devotos.
POXOS
SOLIDARIOS
Rematada
a procesión teñen lugar os Poxos coas ofrendas entregadas á Virxe
da Franqueira. Desde hai uns anos vense de entregar a recadación
para un proxecto solidario no terceiro mundo. Así desde A Franqueira
colaborouse nun comedor de nenos da rúa en Paraguay, na
construcción dun pozo na misión en Salvador, na edificación dunha
capela en Zambia, e, o ano pasado, na colaboración dun centro de
acollida para nenas deficientes en Abancay.
Neste
ano a recadación irá destinada para un proxecto das Misións
Salesianas en Senegal, Africa.
No
arquivo anexo explícase o proxecto co que se colaborará consistente
no apoio a reinserción de nenos Talibé en Dakar, Senegal. Os nenos e xoves chamados así, Talibé, son utilizados para unha xeito de escravitude, saen a pedir polas rúas e teñen que entregar o que recollen ós seus mestres coránicos. O proxecto dos Salesianos consiste en adicarlles varias horas á semana coa acollida nun ambiente festivo e axudarlles a atopar unha saída á súa situación.
Máis información:
RECOLLIDA
DE ALIMENTOS CÁRITAS INTERPARROQUIAL NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA
Tamén
se recollerán alimentos destinados ás familias coas que desde hai
uns anos veñen de traballar o grupo de Cáritas interparroquial Nosa
Señora da Franqueira. Comeza o curso e volven as actividades do
Santuario, grupo de Canto, Biblia, Oración, e, tamén o voluntariado
de Cáritas. Un labro silencioso que pouco a pouco vai dando o seu
froito. Coa discreción propia van comezar un acompañamento máis
cercano ás familias da comarca que serven, en total unhas 40. Este
ano iranse desenvolvendo outras actividades propias de Cáritas
nestas parroquias rurais.
Os
alimentos que se precisan para o reparto son: leite, aceito,
conservas, pastas, garbanzos, galletas, cacao, azucre, e calquer
alimento non perecedeiro. O grupo de cáritas está a poñer á venda
mel para recadar fondos para as actividades.
DUCHAS
E VESTIARIOS
Esta
ano a Franqueira poido dispor dunha mellora na acollida dos
peregrinos. Así moitos dos que chegaron despois de longas horas de
peregrinación puideron servirse das duchas para descansar un rato e
poder cambiarse de roupa. Moitos non sabían desta novidade, e a fin
de semana pasada, xentes que viñeron empapados pola choiva, tiveron
que recurrir ao regreso en coche ás súas casas. O desexo dos
responsables do Santuario é que pouco a pouco se poida atender
mellor ás demandas dos peregrinos e teñan unhas mellores
instalacións para o seu servicio. As obras de restauración que se
fixeron no santuario, de melloras para a acollida dos peregrinos,
como son estas duchas e vestiarios, non reciben ningún tipo de axuda
nin subvención, polo que, todo o que se realiza é gracias á
colaboración e a xenerosidade dos devotos e peregrinos que veñen á
Franqueira e os fegreses da parroquia.
Para
máis información
Santuario
da Nosa Señora da Franqueira
986.69.79.68
No hay comentarios:
Publicar un comentario