viernes, 18 de septiembre de 2015

CAMPAÑA CARITAS A FRANQUEIRA. CHOIVA DE CARIDADE



Estamos xa comezando unha nova xeira do ano e facémolo impulsando a colaboración con Cárita interparroquial Nosa señora da Franqueira. Coma outros anos aos pes da imaxe procesional poñemos as nosas doazóns en alimentos imperecedeiros. Con esta entrada de alimentos esperamos unha vez máis aliviar as penurias económicas que viven algunas familias da comarca da Paradanta. Non é moito, pero facemos o que podemos e sabemos que non é máis que facer presente a caridade de Deus nun mundo asolado por tantas realidades que son froito do pecado, do egoísmo dos homes, das guerras e das inxustizas. 
Cáritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira quere seguir avanzando no seu labor, por iso, desde hai uns anos estamos a formarnos e, neste momento, contamos coa axuda inestimable dunha traballadora social que nos asesora e coa que comezaremos unha nova etapa no traballo social. Quero agradecer o traballo silencioso do voluntariado, o labor formativo, a colaboración entre todos, a ilusión nas tarefas, e na imaxinación no que está por vir. Pido á Nosa Señora da Franqueira que nos axude a facer ben o noso traballo, a non desanimar, a ter a valentía de avanzar e a ser testemuñas da caridade de Deus no medio do mundo. Desexo que todo sexa manifestación da presenza do Reino.
Moitas grazas a todos e que entre todos poidamos acadar uinha boa campaña.

Feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira
18-09-15

No hay comentarios:

Publicar un comentario