CRÓNICA
DAS ROMARÍAS NA HONRA DA VIRXE DA FRANQUEIRA
Non
é doado poñer negro sobre branco dunha morea de experiencias
vividas ao longo destas semanas na Parroquia- Santuario da Nosa
Señora da Franqueira. A mediados do mes de agosto fixo a súa
entrada no templo a imaxe de D. Bosco. Unha talla de madeira que se
venera en Vigo, e que, ten a fortuna de ser a imaxe máis antiga do
fundador da familia salesiana. O mtivo desta peregrinaxe é o de
organizar no Santuario o bicentenario do nacemento de San Xoan Bosco.
Así, os días 15 e 16 foron moi especiais. Por un lado a Solemnidade
da Asunción da Virxe converteuse na antesala desta efeméride. En
Honor da Nai de Deus, centro tamén da espiritualidade salesiana,
poidemos disfrutar dun fermoso concerto que encheu de ledicia o
templo mariano da Franqueira. O matrimonio formado por Agustín e
Raquel, fixéronnos pasar un rato máis que agradable a través da
música que executaron con violín e guitarra. Unha ofrenda á Nosa
Señora para celebrar tamén o seu casamento acaecido hai poucos
meses. Presidiu a celebración o P. Segundo, Salesiano, que se acheou
tamén ó día seguinte para celebrarmos xuntos o Bicentenario do
nacemento do seu fundador. Á tarde do domingo 16 a Eucaristía
reuniu a algúns membros da familia salesiana, xóvenes, chegado de
diversos lugares de Galicia que despois nos axudaron a comprender un
pouco máis este carisma na vida da Igrexa e ao servizo da sociedade
cunha tertulia á que asistiron algunhas persoas vinculadas ao
santuario.
Comezamos
deste xeito a presenza de D. Bosco na Franqueira e que se engadiu coa
chegada da cruz dos xoves vinda desde a Catedral de Tui. Unha réplica
da cruz que o Papa S. Xoan Paulo II regalou á xuventude do mundo e
que percorre os países onde se celebra o encontro mundial da
xuventude. Con esta cruz quixemos facer presente unha nova tarefa e é
a da atención da mocidade na pastoral do santuario da Franqueira.
A
véspera de comezar a Novena na Honra da Nosa Señora, o sábado 29,
celebrouse ás 9 da noite a VII peregrinación da mocidade. Unha boa
representación de xoves chegados de diversos lugares nos reunimos
para ascender en camiñata ata o Coto da vella. Esta vez levamos como
testemuña a cruz diocesana. Un camiño que tivo diversos aspectos
importantes: adentrarse na noite e o seu significado, descubrir os
nosos soños, as nosas ilusións, facer silencio e encamiñarse cara
o cumio, ter un momento prolongado de oración onda a cruz, e,
chegados aos pes da Virxe, poñer a cor dos nosos soños onda ela
para que nos axude a facelos realidade. Non so os nosos, senón
tamén, os soños de Deus para nós, coma María, que, disposta
acolle e responde ao soño de Deus de salvar. A chegada ao santuario
foi sobre as 2 da madrugada, na que, despois dun rato de oración
poidemos repoñer forzas cun sabroso chocolate.
Este
ano a novena contou ao fin coa predicación de D. Alberto Montes,
Delegado de Pastoral Xuvenil, que nos guiou da man da Virxe a coñecer
e querer máis á Nosa Señora e a prepararnos alegres á súa
festividade. Porque a ledicia foi o lema deste ano “Con maría
anunciamos a ledicia do Evanxeo”. Durante os nove días fomos
coñecendo na vida da Virxe María o motivo da súa ledicia. Sí, Ela
foi e é a muller alegre por excelencia, a muller feliz, e que nos
trae a ledicia da presencia do seu Fillo.
Os
días centrais da Romaría foi un fervedoiro de xentes que veñen a
honrar á Nosa Señora. No día grande, o 8 de setembro, contamos
como ñe costume coa presenza do Sr. Bispo D. Luis. Este ano houbo un
pequeno cambio na escenificación do Auto sacramental do “Cristián
e o mouro”. Na fin da representación, despois da loita, o cristián
ofrenda á Virxe as cadeas e as armas da batalla. Pero ata o de agora
seguían nas mans deles, así, sendo fieis ao texto, descende o actor
e entrega á Virxe o que lle ofrecera. Un signo asemade do desexo de
que as armas e as cadeas que aprisionan aos homes queden aos pes de
quen é proclamada Raíña da paz. Todo descorreu con normalidade, as
danzas e as expresión típicas deste lugar. Unha vez máis a Raíña
da Paradanta reinou nos corazóns dos seus devotos.
Tamén
como novidade este ano os peregrinos poideron contar cun novo servizo
de atención que son as duchas e os vestiarios preparados para eles.
Unha obra para que despois do longo camiño teñan a oportunidade de
descansar e cambiarse de roupa e participar nos actos de culto co
corpo máis descansado. Unha obra que é posible se todos colaboramos
e axudamos a levar a diante os diversos proxectos que quere realizar
o santuario en beneficio dos devotos da Nosa Señora.
A
tarde do día 8 finalizou co concerto de música a cargo da Banda de
Música Cultural de Mondariz, que, comezou a súa actuación co
pasodobre “De Romaxe á Franqueira” do mestre Roxelio Groba.
Os
días 7 e 9 contamos coa presencia de tres sacerdotes que celebran
este ano o 50 aniversario da ordenación sacerdotal: D. Jesús
Montero, párroco de Beade; D. Xulio Andión, párroco do Sagrado
Corazón de Xesús de Vigo e D. Emilio Cabanelas, ata hai pouco
párroco de Budiño. Con eles quixemos dar grazas a Deus polo seu
ministerio sacerdotal.
O
domingo seguinte, día 13, foi chamado “Evangelii gaudium” título
da exhortación do papa Francisco que é unha chamada á conversión
persoal indentificandose co Evanxeo e ser fieis á chamada do Señor,
e, un imperante de sair ao encontro do home de hoxe a anunciar a
ledicia da nosa fe. Ao final das celebracións rezábase a oración
do Papa dedicada á Virxe, estrela da evanxelización.
Os
sádados e domingos foron un continuo ir e vir de peregrinos chegado
a pe de diversos lugares. A longa lista hai que engadir os xoves do
grupo Abertal que viñeron, creo que representando a toda a mocidade
salesiana, o domingo 20, festa dos Poxos e día escollido para a
peregrinación salesiana. De mañanciña saiu a imaxe de D. Bosco,
fantásticamente adornada, do Santuario para presidir toda a xornada
no adro do templo. Unha maña na que os peregrinos da familia
salesiana viñan encabezados polo estandarte de María Auxiliadora, e
que, reunía en torno a si a todos os seus fillos: Salesianos,
Salesianas, Cooperadores, Asociacións, etc que son presencia na nosa
Diocese. Unha Igrexa, a nosa, que conta co primeiro sacerdote
salesiano de España, o P, Hermida, natural de Morgadáns, Gondonar;
e un beato salesiano, Beato Salvador, natural de Crecente e mártir
da persecución relixiosa na Guerra civil.
O
sol radiante deste día auguraba unha ledicia sen fin durante toda a
xornada. Chegada a Misa Solemne, o Sr. Bispo e os diáconos
permanentes que o serviron, vestiron as mellores galas cun terno azul
antigo que destaca pola súa sinxeleza, pero tamén pola súa beleza
artesá. A Eucaristía concelebrada por un nutrido grupo de
Salesianos contou coa longa participación e na que se presentou a
oración ofrenda á Nosa Señora da man do director en Vigo, o P.
Joaquín Nieto. Como testemuña desta esfeméride houbo un
intercambio de agasallos para os dous santuarios. O de María
Auxiliadora terá unha pequena imaxe da Franqueira, e éste recibiu
unha pequena talla de D. Bosco, acompañado de Mamá Margarita e
Domingo Savio. Tanto a ofrenda como a homilía do Bispo axudaron a
todos a coñecer a apreciar aínda de cabe o carisma de dedicación á
mocidade que impulsou o Señor a través de D. Bosco. Rematada a
Eucaristía saíu a procesión da Virxe da Franqueira acompañada
polas danzas e soando as músicas do grupo de gaiteiros “Os
folieiros de Lavadores”. Neste domingo dos poxos tamén houbo un
intre para repetir algo do pasado, así, as vacas que estiveron este
ano ao servizo da Virxe chegaron á porta do santuario guiados polo
soar das gaitas cunha ledicia que enchía de son toda a entorna do
templo. O adro ateigado de xente foi o lugar para, unha vez
finalizados os rituais propios, encabezou a procesión D. Bosco,
rodeado de xoves, que coas súas mochilas, alegres de tan grande
labor, daban un ambiente de sorriso dunha mañá xa de por si
emotiva. Os poxos deste ano foron prolongados e xenerosos. Unha morea
de plantas, algúns animais, licores e viños, mel e outros produtos
lograron que se reunisen 750 € para as Misións salesianas, en
concreto, un proxecto para Senegal de reinserción de nenos Talibes a
través de actividades lúdicas e de axudarlles a valorarse nunha
situación de semi escrativude na que están a vivir. Despois do
xantar festivo, os peregrinos salesianos tiveron a oportunidade de
despedirse da Virxe da Franqueira co canto da Salve. Todo ten que ser
agradecemento por todo o que se viviu estas semanas. Un traballo
compartido que aínda tivo como protagonistas os máis cativos do
colexio este xoves día 24, en que, un gran grupo duns 300 nenos e
nenas pasaron a mañá no Santuario da Franqueira como inicio do
curso escolar. Os papaventos que lograron que surcasen os ceos da
Franqueira, como bolboretas, que deixando a negrura da súa bolsa na
que son bermes, renacen para voar coma novas creaturas alcanzando o
máis alto e mostrando a fermosura que se encerra no seu interior.
Con
este domingo, que finaliza consagrando as familias á Virxe da
Franqueira, con motivo do encontro das familias en Filadelfia,
rematan os días grandes en Honor da Nosa Señora, ou máis ben temos
que dicir, que remata un mes completo de irmandade. Teño un
convencemento D. Bosco, polo menos a min, axudounos a tomar máis
conciencia do labor con cada xove, de adicarnos desde o servizo, a
entrega, a xenerosidade e a ledicia.
Grazas
a todos os que fixeron posible todo isto, en especial aos salesianos
e, como non, ao labor desinteresado do voluntariado do Santuario.
Nosa
Señora da Franqueira, Roga por nós.
Javier
Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario