sábado, 23 de mayo de 2026

NOVENA DA FRANQUEIRA. Dia 9. No lume do Espírito


 NOVENA DA FRANQUEIRA. Dia 9. No lume do Espírito

Hoxe, Domingo de Pentecostés, a sala está preparada, o fogar da nosa Nai disposta, todos somos convidados. Ela reúnenos en pregaria. Mañá é o día grande do noso santuario da Franqueira. E o lume do Espírito acende en nós os rescoldos dunha fe ás veces medio adormecida, dun ilusión esvaecida, ou dunha esperanza confrontada e debilitada. Ven o Espírito e sopra o alento vital que nos convida a renovar en nós a forza de sabernos membros dun pobo, de recoñecernos na fraternidade e de abrazarnos nunha cadea de paz que berre a todos que somos mensaxeiros do amor.

Neste final do camiño poño como imaxe esta foto de hai corenta anos. Fíxate, un home xa maior porta a cruz que fai as cortesías ou reverencias, e noutro lado, un home máis novo. É a transmisión da fe nun saúdo co signo da nosa salvación, é o relevo natural dun acontecemento vital, é a entrega do testemuño dunha xeración a outra. E mirando, xentes que observan, algúns sonrín, pero están espectantes, porque recoñecen neste sinxelo signo a presenza de dous pobos que se unen no nome do Señor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario