sábado, 23 de mayo de 2026

ROMARIA DAS PASCUILLAS 2026

 
ROMARIA DAS PASCUILLAS 2026

Como antesala deste día tan especial e de tanta trascendencia, quero compartir convosco unha reflexión que arraque desde a intimidade do corazón e teña unha ollada máis ampla e universal.

1. Un día que se vai enchendo de encontros e sorrisos. Ao amencer do luns de Pentecostés o día vai abrindo co clarexar do sol que rompe as tebras. Pouco a pouco a luz vai deixando traslucir a silueta dos montes. E o son do cantar dos paxariños vaixe mezclando, como un compás de retorno xordo, cos estouridos dos foguetes que se van escoitando ao lonxe. Unha sinfonía de música que abre camiño ao que vai acontecer durante toda a xornada. Os saúdos son cada vez máis seguidos e cómplices. ¡Xa estamos aquí! ¡Xa chegamos! Ben sabemos todos que ninguén se vai da Franqueira, pois o noso corazón sempre queda amarrado ao corazón desta Nai.


2. Un día de ser pobo, comunidade, parroquia, Igrexa. Cando fan a entreda no recinto coas imaxes, verdor da montaña queda marcado como nunha paleta de pintor, os coloridos das comitivas. Relocen as coroas das santas, mézclanse as fermnosas flores que engalanan as imaxes, as vestimentas dos peregrinos, os sons das gaitas, e nunha reverencia de respecto abrázanse para ser acollidos. Unha Igrexa no medio da creación, aberta de par en par, portas que non pechan para que entren todos. Un templo que ten por teito o ceo e como pavimento a terra. E todos coa ollada posta en María, ergueita, monumental, esperando polos seus fillos e fillas. Neste día na Igrexa universal celebramos a María Nai da Igrexa.


3.- Eucaristía e ofrenda. No centro do día, ás 12 da mañá, o momento fonte e cumio. Fonte da Eucaristía na que nos alimentamos da Palabra e da Eucaristía, fonte viva na que saciamos a sede do camiño da vida. E facémonos ofrenda. Os froitos, o traballo, o labor, a historia e a vida das nosas parroquias, tan pequenas e cargadas de desexos de saír adiante, de mirar cara ao futuro, de deixarse conducir e fortalecer polo Espírito. 

4.- Facer camiño xuntos na procesión. E descendemos ao santuario en longa e calmada procesión. Imos ao lugar onde está a nosa orixe. Onde os antigos monxes fixeron desta advocación un lugar universal. Nosa Señora espera por todos dentro do seu fogar. Entramos no templo antigo como resposta á chamada das nosas raíces. Resoan no interio, cando chega a despedida que os nosos corazóns quedan enchoupados nas bágoas do adeus.

5.- Neste día o papa León fai pública a súa primeira encíclica "Magnífica humanitas" sobre a custodia da persoa humana nestes tempos de Intelixencia Artificial. Que gran noticia para todos e que gran día para que o noso pastor universal a faga pública. 


6.- Unha menxase de paz. Neste ano somos convidados a facer camiños de paz con María nestes tempos de guerras e desigualdades. Temos unha lembranza moi especial coa Igrexa Nai de Xerusalén, por esta razón a colecta da Misa das 12 será enviada a Cáritas Xerusalén.

Boa Romaría a todos e todas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario