domingo, 17 de mayo de 2026

NOVENA DA FRANQUIERA. Día 2 Fortaleza

 


NOVENA DA FRANQUIERA. Día 2 Fortaleza

Xa estamos metidos de cheo en ambiente romeiro. As campás e as bombas anunciban onte á tarde o día de comezo. Xa a Nosa señora está no seu trono, o carro de labranza, xa os días son conversas de como imos vivir o luns. Xa as parroquias ven preparando a súa feligresía. Onte lembramos que o don da sabedoría nos achega ao misterio de Deus a través da contemplación do misterio da vida e das persoas. Hox, concorde na oración, isto é, cun so corazón, manifestamos que na nosa debilidade o Espírito derrama en nós a fortaleza. 

O Espírito nos configura en Cristo para que os medos non entren a vivir no fogar do noso corazón. A fortaleza , como agasallo do Espírito, derrota a acedia e a mediocridade que en tantas ocasións nos invade o corazón.

María cultivou cada día este don mantendo vivo no traballo de cada día a oración no diálogo entrañable con Deus. Así poido menterse firme onda a cruz e recibir do seu Fillo ser a muller forte que coida aos fillos que viven o misterio da dor e do sufrimento. A Nai forte que está ao carón das cruces dos seus fillos.

Celebremos con gozo este día da Ascensión do Señor que nos envía a sermos mensaxeiros do Evanxeo coa forza da súa palabra


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario