lunes, 18 de mayo de 2026

NOVENA DA FRANQUEIRA. Día 3: don do Entendemento


 NOVENA DA FRANQUEIRA. Día 3: don do Entendemento

Ti enténdesme? Escoitamos moi tas ocasións. Eu prefiro que se diga, Expliqueime?.
Non é o mesmo que te entendan a que te fagas entender. Creo que Deus é moi claro na súa palabra, unha e outra vez nos di que nos ama, non so de palabra segón cos feitos. Ás veces precisamos do don do entendemento para adentrarnos no pensamento e no corazón no íntimo do mesmo Deus. Mais ainda, reveloiu, sacou á luz do noso coñecemento, na linguaxe que comprendéramos o inalcanzable do seu mesmo ser.

O Espírito Santo derrama sobre nós o don do entendemento, do que é ben exemplo a mesma Virxe María. Ela coñecía ben a tradición do seu pobo, leía a Escritura e oraba cada día, proclama cos pobres as marabillas do amor de Deus e sábese ditosa, benaventurada na súa humildade. De feito, vai traballando no seu intenrior intentando comprender, ir mentendo viva a chama da novedosa presenza do Señor.

Deus fálanos tamén estes días no canto de bendición na que cada un dos romeiros canta as grandezas do Señor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario