NOVENA DA FRANQUEIRA: Dia 6. don de piedade
Hai verbas que poden ter un doble sentido, positivo ou peiorativo. Cando se fala de "beatas" referídose a persoas cunha vivencia fonda de fe, incluso o termo beata son mulleres que reciben o recoñecemento da beatificación por parte da Igrexa por unha vida santa. Pero, cantas veces temos escoitados declarar de forma despectiva a unhas mulleres ou homes como "beatas" porque van a Misa ou rezan o Rosario, ou participan na Igrexa cun compromiso firme. Son os que lles declaran santurróns.
Pero beata significa tamén feliz, benaventurada. Así decían os clásicos "de Beata Virgine María", da benaventurada, feliz, ditosa... veño a traer este termo pois neste día pedimos o don da piedade. É experimentar en cada momento a presenza do Señor, vivir en presenza, en diálogo íntimo, en oración continua convertendo a vida en loanza, bendición, acción de grazas.
Na foto de hoxe quixen por un nutrido grupo de seminaristas nun encontro dos anos 50. Todos dispostos nun ensaio na Franqueira para participar dos cultos á Nosa Señora. Hoxe rezamos polas vocacións. Que a Nosa Señora axude á mocidade a vivir en Espírito e Verdade para adquirir o discernimento e decidirse nunha resposta positiva á chamada do Señor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario