sábado, 23 de mayo de 2026

NOVENA DA FRANQUEIRA. Dia 8. O camiño xa está feito

 


NOVENA DA FRANQUEIRA. Dia 8. O camiño xa está feito   

Xa estamos a rematar esta novena. Os romeiros da Franqueira dedican esta fin de semana a ultimar os detalles. As parroquias vanse dispondo, as imaxes xa van sendo engalanadas e os corazóns está cheos de desexos. Os camiños que fixeron os nosos maiores están a esperar as pegadas dos peregrinos. Cada un vai facendo o camiño conforme as súas posibilidades. Ninguén o fai so, todos nos sentimos membros dunha comunidade herdeira dun tesouro ao que lle damos o pegada deste novos tempos. Xurden en todos lembranzas dos anos pasados, inquedanzas de tempos antergos que queremos renovar co silencio, coa pregaria e co canto agradecido.

O camiño está feito de séculos, mais o camiño non é un adorno, é un espazo de paso, de encontro, de vivencias, de diálogo, de confraternidade, de mirar cara adiante. Sairt para chegar, chegar para volver. Voltar renovamos e fortalecidos a pesares do cansanzo.

Nesta mañá viñeron os membros da parroquia de Barcia de Mera a celebrar a Eucaristía. Durante estes días estiveron a facer xuntos a novena na súa parroquia como signo de comuñón fraterna e de preparación espititual. Fermos iniciativa. Hoxe pomos neste comentario a foto da ofrenda daquel lonxano maio de 1980 no que realizaron a anterior ofrenda. Grazas a todos por este esforzo.

Animo, unha vez máis, a que ao saír dos fogares recoñezamos apresenza de María que fai camiño connosco. Ela, saíu depresa camiño da montaña a servir a súa curmá Isabel, provocando o canto loado e de bendición. Cantemos con María as grandezas do Señor

No hay comentarios:

Publicar un comentario