jueves, 18 de febrero de 2021

PON UNHA K7 NA TÚA VIDA

 


Ter unha karcher na man é unha sensación de poder, de dominar a suciedade con toda a súa forza. Resulta curioso que o nome dunha marca, neste caso a karcher, sexa co que conocemos a unha máqina que se chama hidrolimpiadoras. Pero ese é outro capítulo.

Propóñoche nesta coresma que iniciamos onte coller unha máquina hidrolimpadora de boa potencia a K7 e te poñas a facer unha boa limpeza. As características K7 son as seguintes:

1.- Kmiño que se inicia no recoñecemento da nosa propia realidade. Un camiño polo deserto que nos levará de novo á terra de onde temos saído. Voltar ao xardín onde é o lugar da vida.

2.- Kmbio que non é so por propia vontade, nin facer un lavado de cara, hai que ir á orixe do mal. Cambio que nace como chegada á fin do camiño, onde a porta da casa do Pai está aberta. O cambio, a conversión non remata ata que sentimos o abrazo da misericordia.

3.- Klidade pois queremos facer as cousas ben. Se a chamada á conversión ven de Deus, os medios no-los propón el, o destino e a vida pascual, as posibilidades son inmensas, que pode fallar? 

4.- Klidez.  A coresma non é fría, nin escura, nin tétrica, é un labor no que non estamos sós. Entra no cuarto do corazón, onde non estás so, escoita no escondido e sinte a calidez do amor

5.- Kriño dos que fan o camiño contigo. Non estamos a ver quen chega primeiro, nin que é mellor, nin quen adaba máis puntuación. A coresma non é unha competición entre rivais, é un camiño de cruz ao que somos todos chamados. E a cruz é o signo do maior amor.

6.- Ksa común. Cando o home é desterrado do xardín onde fora posto é porque o pecado violenta a convivencia co seu entorno, é unha ruptura con todo.A coresma, co xexún, fainos conscientes do agradecidos que debemos estar polos bens e a responsabilidade de que chegue a todos. A casa común é de todos, non so duns poucos, coresma é renunciar ao consudo desmesurado.

7.- Kridade. A esmola fainos solidarios no camiño dos pobres, porque é o noso. Xesús non dixo no evanxeo facédevos ricos, nin tede moitos bens, nin posuide sen que houbese un mañá. A esmola non é o resultado do que eu decido, senón, o acto de xustiza  polos que berran de sufrimento  ante o Pai.

Esta é a K7 para iniciar esta coresma. Pon unha karcher na túa vida.

Recoméndovos que vos unades ao grupo diocesano de wapp sobre a encíclica "Fratelli tutti" é un precioso medio de reflexión para inciar o día. Mandovos o enlace

Enlace co wapp da diocese sobre Fratelli tutti

Tamén a diocese acaba de por nas redes a través páxina web unha serie de recursos, entre eles, un espiritual do que vos envío o enlace. Un comentario diario do evanxeo. Moi interesante e propio da nosa Igrexa de Tui-Vigo.

Este é o enlace para o servizo de espiritualidade

https://open.spotify.com/show/53hodnGgGZmTPZNMxyYNID?si=TzIAor8_QuKFGJ6zExMFHQ&nd=1

para ampliar nos diversos temas podedes entrar na páxina de recursos

https://www.diocesetuivigo.org/recursos/


feliz día

Xabier Alonso








No hay comentarios:

Publicar un comentario