Cando comezou a pandemia houbo a urxencia de facer as máscaras para a protección dos sanitarios. Milleiras delas saíron das pericias de voluntarios e voluntarias que deron o mellor de si. As iniciativas foron xurdindo por todas partes, calqueira que tivera unha máquina de coser puxo todo a este servizo e labor. A producción e venda a nivel mundial estaba moi ben estudada. A obrigatoriedade da poboación fíxose esperar e os prezos máis asequibles tamén. Diversos estamentos de goberno foron buscando o xeito de que agasallar cunha máscaras era a mellor propaganda de ser servizo público. Pront pasou a ser un produto máis que está na porta dos fogares e non esquecer que hai que saír con ela posta.
Xa se lanzaron ao mercado máscaras de deseño e de desexo, pois o consumo coneverte algo imposible para a maioría en imitable por todos. E que ao fin, ata nesta prenda sanitaria podemos marcar as diferencias. Xa teño visto que puxo mala cara ante unha persoa que traía a máscara un pouco sobada, sen saber que era a única que tiña desde hai moito, porque non da para máis o salario.
No medio destas xurdiu unha pregunta. Como se di en galego, macariña? E todos aceptamos que non, esa é unha castelización, o dicionario dinos máscara. E hoxe, martes de entroido coinciden 3 acepcións do mesmo termo que quero traer:
A máscara de entroido, a máscara sanitaria e a máscara facial embelecedora.
As tres teñen algo en común, que non son nosas, están postas enriba do noso rostros e ocultan a nosa verdade. A do entroido quere ou ben meter medo ou facer rir, a sanitaria vennos salvar dun posible contaxio ou defender a outros que poida contaxiar e a embelecedora sopórtase para que ao retirala poida ter una aspecto mellor.
Pero as tres non poden ocultar unha verdade que nos delata: os ollos, a mirada, polos que somos vulnerables, recoñécennos. Por iso cando queren publicar unha foto dalguén a quen non se quer recoñecer non lle tapan a cara, senón que lle ocultan os ollos.
Que máscara levamos hoxe? Detrás de que imaxe quero ocultar a verdade? Que imaxe quero proxectar cara aos demáis?
Vede que somos moi dados a deixarnos levar, a confundirnos na masa, a non dar a cara. E ben distinto do ue nos ensina Xesús que nos convida a tomar opcións e decidirnos por el en libertade, que nos propón ser fermendo no medio da masa e a que o noso si sexa si e o noso non sexa non.
Poñamos a nosa mellor cara, de sorriso e ledicia, de amabilidade. Deamos a cara polos que máis o necesitan. Non sexamos caraduras e poñamos beleza natural.
Unha aperta neste entroido
Xabier
Para hacer la oración delante de Jesús. Gracias
ResponderEliminarSomos los mismos, llevemos la máscara o mascarilla. Somos personas con la inteligencia suficiente. Estos son momentos claros para hacer ver a aquellos insensatos, que no es un juego, es la cara de todos con , MASCARILLAS. Cuestión de sensatez. Gracias.
ResponderEliminar