domingo, 26 de julio de 2020

O TESOURO AGOCHADO

Vitral do Santuario da Franqueira  coas imaxes de San Xoaquín e Santa Ana coa Virxe María nena. 
Hoxe o Señor regálanos tres preciosas parábolas do Reino: o tesougo agochado, a pérola e a rede dos pescadores. Nelas hai unha similitude. Estás ocultas. Quén as pode atopar? O que traballa a terra e abre ata o fondo para removela. O que se adica a buscar a mellor pérola nun lugar e noutro. O que fae a faenar cada noite. A constancia do labor, sen sabelo, traerá un día á luz o que non nos imaxinamos. É so cuestión de sorte?

Vou por un exemplo. Fleming estaba a facer os seus estudos de investigación no laboratorio. Nunha ausencia do mesmo durante un mes esquecera un dos ensaios nunha fiestra medio aberta. Ao regreso tiña enrriba unha capa de barolo, mofo, que en lugar de tiralo ao lixo puxoo no microscopio, e, eureka, descubre a penicilina. Non é así de doado. Sorte? Pois a ansia de búsqueda, o traballo polo ben común da saúde, o empeño, a curiosidade... e á fin salvar millóns de vidas grazas aos antibióticos.

Cando o gran Miguel Anxo Buonarrotti, un dos grandes xenios renacentistas, estaba a traballar en Florencia ouviu falar dun gran bloque de pedra que estaba abandoado. Fora disposto para unha grande escultura, de cinco metros, pero consideraban que era ruín para o labor. Foino mirar e levouo para o taller. Despois de facer un modelo esculpiu o grande David. "Estaba dentro" comenta a historia, "eu saqueille o que estorbaba" Necesitou meses de traballo, non moitos para a perfección da obra.

E como isto, infindade de cousas, pódense descubrir novas galaxias e estrellas se miras ao ceo, atópanse novas especies mariñas se buceas; so sacarás unha boa poesía se entras na alma.

Comprenderás o tesouro que hai en ti se te aventuras a entrar no teu corazón. Qué necesitas? Comprar o campo, vendelo todo, saír a faenar. O reino está detro de vós nos di Xesús no evanxeo. E se está, meus amigos, é un tesouro. 

Hoxe na celebración dominical teremos, unidos a iniciativa da Conferencia Episcopal Española, unha lembranza especial pola vítimas do Coronavirus. Neste día, festividade de San Xoaquín e Santa Ana, pais da Virxe María, avós de Xesús, poñemos a nosa ollada e corazón nos avós e avoas. Os que nesta pandemia son os que levan a peor parte. Os que tiveron que morrer sos. Eses 59 concidadáns que foron abandoados os seus cadáveres denota a frialdade do xénero humano. Unha obra de miseriscordia que quedou esquecia "enterrar aos mortos"

Quédanos moito por diante, facer que poidamos sacar o mellor de nós, o tesouro que o Señor puxo no noso corazón, o Reino escondido ou esquecido, e poñelo ao servizo do ben común e do futuro.

O evanxeo de hoxe

O Reino dos Ceos é semellante a un tesouro agachado nunha leira: o home que o atopou vólveo a agachar; e, cheo de alegría, vai vender canto ten para mercar aquela leira.
Tamén se parece o Reino dos Ceos a un tratante de perlas finas: en atopando unha de grande valor, foi vender canto tiña e mercouna.
Do mesmo xeito é semellante o Reino dos Ceos a un aparello de rapeta largado no mar, que recolleu peixes de todas as castes. Unha vez cheo, tiran por el para a ribeira e, sentados, escollen os bos nun queipo e os malos tiran con eles. Así será na fin do mundo: sairán os anxos e arredarán os malos dos xustos para botalos no forno do lume; alí será o pranto e o renxer dos dentes.
‑¿Entendedes todo isto?
Eles responderon:
‑Entendemos.
El concluíu:
‑Por iso todo letrado que se fai discípulo do Reino dos Ceos parécese ó dono dunha casa que saca das súas arcas o novo e mais o vello.

Xabier Alonso


No hay comentarios:

Publicar un comentario