Queridos amigos e amigas.
Ao longo destes domingos iremos escoitando no evanxeo o diálogo posterior ao signo que realiza Xesús dando de comer a unha mulitude cuns poucos bolos de pan e dous peixes. Nesta ocasión, a palabra de hoxe, deixanos algunhas referencias moi axeitadas.
Lembremos que Xesús marcha a un lugar solitario. Os discípulos deciden cruzar á outra banda do mar, a Cafarnaúm, e na travesía, pola noite, cun forte vento, Xesús aparece camiñando sobre das augas chamando á calma e á confianza aos seus discípulos. A xente segue a Xesús, queren estar con el, e el descúbrelles as súas intencións... non por descubrir ao envaido do Pai, senón porque da pan a fartar. Comenza o diálogo que nos axuda a dar grazas e lonaza a Deus.
No camiño da fe todo é don, agasallo do Pai. Como o pobo de Israel polo deserto, temos medos e incertidumes, pero a liberdade, a identidade, o ser pobo santo e amado garante un camiño de encontro, de vínculo, de alianza que nos fai avanzar. De que nos sirve progresar en poder, en ganancias, en prestixio, se nos deixamos escravizar e nos sometemos?. Somos amados de Deus e el nos ha alimentar. No deserto deu o pan do ceo, o maná, agora entrega o pan da eternidade que é seu Fillo. "Tomade e comede" di Xesús, pan de Vida que nos convida a alimentarnos para coñecer o seu amor
Señor, dános sempre dese pan... dicimos como aqueles que buscan a Xesús. Como a Samaritana, dános a auga viva, como o cego dános a luz, como a Lázaro, dános vida... EU son, dinos con verbas alentadoras, eu son o Pan de vida, a auga viva, a luz do mundo, a resurrección... o que crea vivirá. Señor, eu creo en ti, dáme vida, faime ser en ti pan de fartura, amasado nas mans do Facedor, repousado na artesa do teu corazón, quecido no forno do Espírito de Amor.Que a ninguén lle falte o pan de cada día.
Hoxe celébrase San Xoán María Viannei, o santo Cura de Ars, patrón dos párrocos. Recemos polos sacredotes. Tamén celébrase o Santisimo Cristo da Vitoria de Vigo, encomendémonos ao amor do Señor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario