lunes, 26 de agosto de 2024

EN CAMIÑO PARA A ROMARÍA

 

En Camiño para a Romaría

Benqueridos amigos. Nesta fin de semana tiven algunhas complicacións coas conexións, por iso non puiden facer ningún comentario, agás do que podes ver na canle de youtube do Santuario na homilñia da Misa dominical.
Aproveitando que estamos ás portas de comezar a novena na Honra da Nosa Señora da Franqueira quero lembrar algunhas das actividades e celebracións programadas para esta semana. 

Temos comezado a CAMPAÑA UNHA ROSA UNHA ORACIÓN. No santuario escribimos a nosa oración á Virxe, e os que queiran colaborar, coa aportación de 2€ mercaremos unha rosa branca. Coas que xuntemos facemos o adorno floral do carro procesional e o altar. Queremos que as flores que leva a Virxe sexan as nosas oracións.

En primiero lugar que a Novena será en Horario de Luns a Venres ás 6 DA TARDE. O domingo ás 4,30. O cambio responde ás respostas que me deron as persoas consultadas que manifestaron que ás 8 resultaba un pouco tarde para voltar a casa. Imos probar neste cambio. Creo que podería favorecernos a todos. 

O tema deste ano centrarase na Virxe María, Mestra de oración. O papa Francisco convídanos a que nos preparemos á celebración do próximo xubileu fortalecendo a nosa vida orante, moi importante na vida do cristián, e que nesta ocasión temos a María como mestra da mesma.

Polo tanto o venres iniciamos ás 6 da tarde. Teremos o rezo do Rosario, que como ben sabedes é comentado e con cantos, a Novena e a Celebración da Misa. 
O sábado xa é un día máis extenso. Comezamos ás 9 da mañá coa Misa de peregrinos. Os romeiros aproveitan a fin de semana para acudir en camiñada ao santuario. Para facilitar a peregrinación tedes á vosa disposición un pequeno folleto .

Podes descargalo tamén no seguinte enlace: LIBRO DO PEREGRINO

Tamén temos Misa ás 10,30 e ás 12 do mediodía (12h) o FUNERAL POLOS DEVOTOS FALECIDOS. É un xesto importante na nosa preparación á Romaría lembrar aos que nos deixaron o testemuño da fe e nos fan partícipes desta devoción á Virxe María. Rezar por eles é unha acción de caridade.

Pola tarde, ás 6, dedicaremos o rezo do rosario e novena aos máis cativos. Rezamos cos e polos nenos. ESTÁN INVITADOS OS NENOS QUE QUEIRAN ASISTIR PARA PORSE BAIXO A PROTECCIÓN E O AMPARO DA NOSA SEÑORA.

Pola noite, ás 9,30 (21,30) faremos unha andaina nocturna coa xente nova. A PEREGRINACIÓN DA     MOCIDADE sairá do santuario para facer un percorrido circular ata Prado da Canda e regreso. estará animada pola PASTORAL XUVENIL E UNIVERSITARIA da Diocese.

O Domingo as Misa son ás 10, 11 e 12, pola tarde, ás 4,30 (16,30h) rezamos POLOS ENERMOS E PERSOAS MAIORES. estará animada polo movenmento VIDA ASCENDENTE. Acompañamos así aos que sinten o peso dos anos e damos grazas pola súa riqueza espiritual e o testemuño de vida, encomendamos aos enfermos e pedimos pola súa saúde e a fortaleza dos seus coidadores e do persoal sanitario.

Ao longo destas semanas iremos debullando algunhas reflexións sobre a historia e devoción da Nosa Señora da Franqueira. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario