Hai dous domingos Xesús daba de comer a unha multitude. Uns poucos bolos de pan e dous peixes converteron a unha inmensa masa de xentes nunha comunidade reunida en acción de grazas en torno ao alimento que é doado na xenerosidade de Deus.
Hoxe o evanxeo segue a falarnos do significado deste xesto. Un sinal da presenza da Salvación que ven do Pai que quere que todos se salven. Xenerosidade e gratuidade é o xeito que ten Deus de actuar nas nosas vidas.
Na Misa, ao poñer o pan na mesa do altar para a celebración dise a oración "Bendito sexas, Señor, Deus do universo, por este pan, froito da terra e do traballo dos homes, que recibimos da túa xenerosidade e agora presentamos. El será para nós pan de vida". Con esta oración facemos mención de que na mesa do mundo, no cosmos que Deus renova na Palabra que se fai carne, o que nos da vida e alimenta a peregrinación da vida reúne nunha mesma acción a gratuidade de Deus que se fai ofrenda e se entrega para dar vida e, o traballo dos homes que son chamados a colaborar con esa mesma ofrenda, non para autoxestionarse e ser autoreferencial, senón para o recoñecemento de que a Pai é quen da de comer ao seu pobo.
Na mesa das nosas familias, Igrexa doméstica, facemos do mesmo xeito a nosa bendición "Bendice estes alimentos que imos tomar e que recibimos da man do teu amor". Na cotidianeidade do día a día ser agradecidos, bendicimos ao Señor, e pomos na mesa familiar o que podemos compartir para facer do noso fogar unha comunidade onde se vive o Evanxeo.
Somos cada agraciados polo don dos irmáns e, somos enviados polo Pai para ser ofrenda para os irmáns en Xesucristo.
Feliz domingo
No hay comentarios:
Publicar un comentario