domingo, 16 de abril de 2023

TESTEMUÑAS DE MISERICORDIA


 Reunidos, como cada primeiro día da semana, os crentes en Cristo, conmemoramos a Pascua do Señor. Igual que aos discípulos a presenza do Resucitado énchenos de ledicia, abre os corazóns desalentados un camiño de gozo e fraternidade.

Neste segundo domingo de Pascua o evanxeo de Xoán sitúanos ante unha Igrexa fundada na re-creación que fai naqueles primeiros o don do Espírito que se derrama. O Espírito que da a vida, a vitalidade, a reconciliación e perdón como camiño de fraternidade. 

Tomé recibe o anuncio de parte dos irmáns. El, coas súas dúbidas e os seus medos, deberá facer o seu proceso de fe atopándose persoalmente co Señor (Meu Señor e meu Deus), pero é grazas ao testemuño que lle abre camiños a comunidade.

Hoxe, nós, somos acompañantes na peregrinación nun mundo de medos e dúbidas na que lles diciemos aos nosos irmáns: é verdade, o Señor está resucitado, vímos as súas chagas, as marcas do sofrimento glorificadas. Pois aqueñ que camiña polos vieiros dos homes fai o camiño do corazón.

Feliz pascua

Xabier Alonso

2 comentarios: