domingo, 9 de abril de 2023

RENACEMOS NA FRATERNIDADE PASCUAL

 


Ao romper o día foron as mulleres ao sepulcro. Elas convértense nas mensaxeiras dunha nova: Xesús, o Crucificado, non está onde o deixaron, está resucitado. O encargo que lles fai o anxo é de levarlles o recado aos discípulos de voltar a Galilea. 

Ás carreiras, que é moi habitual no evanxeo ver este feito de saír correndo por todas partes, na urxencia, con gozo polo que escoitaran, con temor por ser tan inmenso o encargo; no camiño, onde Xesús sempre nos sae ao encontro, o Resucitado transmite alegría e confianza. "Inde dicerlles aos meus irmans".

Xesús dálle un paso máis a relación, o discipulado, aínda que medoñento e débil, xa están incorporados a un novo xeito de entender a vida: a fraternidade. Non serán as conveniencias sociais, os acordos políticos, nin os intereses económicos, agora somos irmáns en Cristo.

Renacemos á fraternidade en Cristo Resucitado.

Feliz Pascua

No hay comentarios:

Publicar un comentario