domingo, 30 de abril de 2023

PASTOR BO

 Hoxe, neste domingo IV de Pascua, acollemos con gozo a imaxe que usa Xesús de si mesmo a do Bo Pastor. Unha alegoría que se recolle no capítulo 10 de san Xoán. Pertence a tradición mesma do antigo testamento na que se declara que os guías do pobo de Israel son chamados pastores, aos que nalgunhas ocasións se denuncia a súa actitude de descoidados no seu labor, máis aínda de ser uns aproveitados da súa posición e esquilmar a aqueles que teñen que ser servidos. 

O pastoreo esixe unha dedicación plena. O rabaño debe ser coidado todos os días. Dependencia que se expresa nun servizo total e cargado de cercanía coñecendo a cada ovella polo seu nome e éstas coñecendo ao seu pastor. Así é a nosa resposta a Xesús, a quen coñecemos, amamos e seguimos, porque nos coida entrañablemente, nos alenta e alimenta, nos cura e sabe das nosas inquedanzas.

É a porta do curral pola que se entra e sae. Porta aberta a adentrarse na vida e a saír ao mundo para descubrir unha aventura apaixoante de vida e amor. 

Hoxe rezamos polas vocacións. Acompañar aos máis novos no discernimento da escoita do pastor que chama por cada un a ser mensaxeiro e testemuña da salvación.

Deixo este fermoso escrito de Lope de Vega


Pastor que con tus silbos amorosos de Lope de Vega


Pastor que con tus silbos amorosos

me despertaste del profundo sueño;

Tú, que hiciste cayado de ese leño

en que tiendes los brazos poderosos,


vuelve los ojos a mi fe piadosos,

pues te confieso por mi amor y dueño

y la palabra de seguirte empeño

tus dulces silbos y tus pies hermosos.



Oye, pastor, pues por amores mueres,

no te espante el rigor de mis pecados,

pues tan amigo de rendidos eres.


Espera, pues, y escucha mis cuidados;

¿pero cómo te digo que me esperes,

si estás, para esperar, los pies clavados?

No hay comentarios:

Publicar un comentario