domingo, 12 de junio de 2022

TRINDADE. IMOS FACER

 


Despois dixo Deus: ‑"Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza"

 Deus saíu ao mundo pondo nel a obra do seu amor. Para realizala púxose el mesmo para sinalar como debe ser o home, a imaxe creounos, home e muller, chamados a banadoar a súa soideade e vivir unidos, facendo comunidade no amor coma o mesmo Facedor. E é que Deus, lonxe de ser inactivo e inabarcable, faise accesible e cercano, diálogo para ser e facer. Na verba "fagamos" revélanos ao Deus que realiza, actúa, e dálle o hálito vital a todo para que sexa fermosura do seu ben facer.

Hoxe celebramos a solemnidade da Santísima Trindade. Suxíroche que coloques no teu fogar unha mesa engalanada, preparada para o encontro e a confidencia. Pon tres cadeiras, e unha máis para ti, senta e respira, escoita e dialoga. Pois como te poñas a falar con Deus así será a imaxe que no fondo proxectes del. E pregunta Que facemos? Si. Pregunta a que estamos chamados a facer, el e máis ti, el e máis nos, el e todos. Pois hoxe non é un día para quedarse absorto no Misterio, senón para descubrir como ao Señor segue a dicir Imos facer. Poque dígoche meu irmán, que moito nos queda por facer. Pois do moito que ven de facer cada día desde sempre e para sempre, restaurou o caído na miseria do pecado dando mostras do amor na cruz do Fillo e abrindo a esperanza na resurrección, como creaturas novas que fai o Espírito, sendo cada día pobo e familia, fraternidade e comuñón. Pois, iso, vaia se fai. E agora ti e máis eu, saiamos ser e facer. Ser no amor e facer no seu Reino.

Que o amor de Deus estea contigo. Feliz domingo.

Xabier Alonso


1 comentario: