lunes, 4 de marzo de 2019

SEMINARIO. TAREFA DE TODOS



Estes días pasados tiven a oportunidade de convivir cos seminaristas da Diocese de Barcelona e Sant Felliu. Uns días que xurdiron de viaxar á toma de posesión dos novos coengos da Catedral. O rector, bo amigo meu desde hai moitos anos, e o director espiritual e un formador, pasaron a ser membros do Cabildo. 
Pois ben, estiven hospedado no seminario e foi unha nova chamada do Señor para poñer a pregaria agradecida aos meu anos de formación e de discernimento vocacional. Ao compartir a oración litúrxica con este nutrido grupo de xoves e mesa e mantel, rexuveneceume nun ambiente alegre e cheo de vitalidade. (A foto recolle a oración na capela do Seminario). Puiden estar en convivencia nun día inolvidable de excursión, pasar ratos de conversa, decatarme do importante que é o Señor para a mocidade cando se atopan con El. 
Teño que dicir, que, cada vez que vou ao seminario dáme un novo pulo na miña opción e renova a resposta á chamada que cada día me fai o Señor a ser o seu discípulo. 
Que un xoven diga SI a Cristo, alí onde se estea a entregar, ama con xenerosidade e fai do seu entorno un lugar novo
Quero aproveitar a proximidade da xornada do seminario para poñer nos vosos fogares o compromiso de rezar polas vocacións durante este mes de marzo e, pedirlle ao Bo Pastor, que nos dea a fidelidade da resposta agradecida e confiada. 
Benqueridos, o seminario é tarefa de todos. Somos todos, os membros desta comunidade, quen estamos acompañando as vocacións, sendo responsables do discernimento dos xoves á escoitar, acoller e responder á chamada do Señor. Somos todos desde a oración e a colaboración, no afecto e preocupación. Somos todos sendo resposta á vocación á que o Señor nos ten convidado, cada un na súa, os casados, os consagrados, os sacerdotes, todos, desde a vocación bautismal.
Podes acceder á carta pastoral do nos Bispo Luis con motivo da Xornada do Seminario


Feliz día
Xabier Alonso

04-03-2019



No hay comentarios:

Publicar un comentario