martes, 1 de enero de 2019

UN POEMA A VIRXE NESTE PRIMEIRO DE ANO



Meus queridos amigos. Neste primeiro de ano unha devota da Nosa Señora agasallouna cunha fermosa poesía oración que agora quereos compartir convosco
Poñamos este ano, nesta solemnidade de Santa María Nai de Deus, na mans da nosa naiciña.
Graciñas a todos pola vosa pregaria e confianza en María

VIRXE DA FRANQUEIRA
A ti, Virxe da Franqueira,
achegámonos os teus filliños,
sedentos, queremos beber na túa fonte a auga fresca
e deixarche no teu altar as nosas ofrendas.
Cando anoitece, cando as bágoas anublan o noso ollar,
cando a dor nos oprime e o sol non brila,
ti apegas amor nas nosas vidas,
coses con fío de tenrura os nosos corazóns malferidos.
Milleiros de romeiros camiñan baixo a túa imaxe,
ti es testemuña das nosas humanidades doentes,
de ausencias adoecidas, de anceios ferventes.
Ti nos envolves co teu manto e nos arrulas no teu colo;
nas túas mans pomos as nosas vidas, as pesadumes e os traballos,
as nosas pregarias e os nosos cantares xubilosos.
Nas nosas vidas vertes duzuras,
e inflamas o noso peito en amor acendido,
o teu agarimo difumina as nosas almas
e nos promete a serea calma dun mundo mellor.
Aínda que a pureza dos teus ollos mira as nosas miserias,
ti es luz que alegra, alento que nos deixa respirar,
ti es a man que nos ergue do chan, a graza da paz no perdón;
Naiciña santa, na vida e na norte, ti es a nosa esperanza.

Feliz aninovo
Xabier Alonso
01-01-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario