![]() |
Amencer na Franqueira 2-1-2019 |
Nesta mañá a montaña esta maxestuosa. Desde a súa atalaia contempla a loita entre a noite que vai deixando o seu rastro e a invasión paseniña da luz que amence. Sen ruido, sen case notarse, todo queda invadido pola luz que fai de nños fillos da luz.
Montaña de encontro, luz e palabra.
Hoxe convido a releer o consello esperanzador nado do testemuño do apóstolo Pedro
Se vos demos a coñecer a vinda poderosa do noso Señor Xesús Cristo, non foi guiándonos por contos argallados con habilidade, senón porque fomos testemuñas oculares da súa grandeza.
Pois recibiu honor e gloria de parte de Deus Pai, cando desde a sublime Gloria lle chegou aquela voz tan especial: "Este é o meu Fillo, o meu predilecto, o Fillo do meu contento".
Esta voz oímola nós vir do ceo, estando con el no monte santo.
Deste xeito temos confirmación da palabra profética, á que facedes ben en estardes atentos, coma un candil aceso en lugar escuro, ata que alborexe o día e o luceiro da alba naza nos vosos corazóns.
2 Pedro 1,19
Deixa que a estrela guíe os teus pasos ata a Palabra encarnada.
Prepara os tesouros e agasallos que lle queres ofrecer
Un aperta fraterna neste día
Xabier Alonso
02-01-2019
Muy bonito
ResponderEliminar