viernes, 27 de abril de 2018

VIOLENCIA E VIOLADA



Violencia que rebosa por todas partes, agotando cada día a mente e o sentir. Unha violencia, ás veces consentida, nunha sociedade que pregoa a peito enchido a liberdade. Unha violación dos sentidos que se fai puritana cando descubre que ao pracer hai que imporlle lindes. Unha violencia que moitas veces non é violada porque a maoir parte das veces tócalle ao débil. Unha violada que non se lle defende da violencia, un camiño duro de comprender provocando violencia interior contra o que debería ser o lugar da rehabilitación do violador. Porque, seremos unha socidade que desexa rescatar aos seu membros feridos, aos corazóns desgarrados,aos que sufren e padecen?, ou so con castigar, desterrar, alonxar a mazá podrida xa se sandou o que pasou no cesto?. Cantos días dura unha nova deste índole nos medios?. Unha semana?. Canto tempo falando de corrupción, non so política senón tamén social?, Pois o que aguantes co mando a distancia sen darlle a un botoncillo buscando unha cadea que teña un capítulo de risas enlatadas ou un de policías despertos que atopan a pegada dun asesino intrépido. Ah, ou a dunha serie que se descubre a violencia do pracer e da sexualidade na que o outro non é máis que obxecto de pasalo ben e disfrutar. Ou do comercio do corpo nunha pornografía admitida sabendo os beneficios económicos que conleva. Estou canso, meu amigo, dun discurso postrevolución sexual que non recoñece o fracaso de non saber poñer este ámbito no seu lugar. Escandalizados e risos escondidos se alguén fala de virxindade, ou de castidade, tachando de atrasado e medieval. E se pensas so na virxindade e na castidade en feminino tamén temos un problema. Sabendo que desde o descoñecemento dunha opción libre e sana, e nunha busca do mellor está o fundamento, nacido non so por parte dos crentes, senón de moitos que o basean nunha ecoloxía do máis natural, do máis orixinal. Pero unha sociedade que enche a boca porque xa somos libres para decidir o que queiramos co noso corpo, pero, sabemos que facer coa conciencia, co sentido, coa vida?
Pobres víctimas, pobres os que sufren, pobres os que tiran a vida pola fiestra por unha noite de borracheira, os que deixaron a trás a fermosura e a beleza por un día de botellón. Pobres os que pensan que o mellor e o agora e o inmediato, o disfrutar o agora. E se mañá ven o mellor, vas perdelo? Imos perder a oportunidade de ensinar ao máis novo o que é o bo e o mellor?

Xabier Alonso
27/04/2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario