sábado, 21 de abril de 2018

PASTOREAR




Saes conducir ao teu rabaño erguéndote no mencer perorrendo camiños e corredoiras para que non perdamos o vieiro que leva ao fogar. Coñeces a cada un, sabes dos nosos gustos, coñeces os antollos, soportas os caprichos, e aguantas as porfías. Non te anoxas cando nos descarreiramos. Sabes ter paciencia e esperar a que cansemos de sermos teimosos. Chamas e chamas ata que xuntas a todos, non queres que ninguén se extravíe. Cada un para ti somos importantes non polo que facemos ben ou mal, senón porque cada un somos especiais, e esperas de cada un unha resposta tamén especial.
Boa  Pastor que pastoreas as nosas vidas e nos chamas a vivir contigo e en ti. Bo Pastor que nos axudas a sermos cada un único e especial. Bo Pastor que sabes que hai de bo en cada corazón. Bo Pastor que nos convidas a vivir o que ti realizar desde o fondo do amor. Un amor que fai da vida entrega, doazón xenerosa, vitalidade para os que adormecen na desidia da indiferencia. Das a túa vida e manifestas o que é vida.
Neste domingo do Bo Pastor rezamos polas vocacións: sacerdotais, relixiosas, consagradas e as vocacións nos lugares de misión. Oremos polos máis novos para que escoiten e acollan a voz do Pastor e respondan á vocación. 
Nosa Señora, Nai Bendita, agarima a mocidade que está en busca.

Feliz domingo
Xabier Alonso
A Franqueira, Prado, Lamosa
22-04-2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario